Segundo García Núñez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 ![]() A Portela, España ![]() |
Morte | 16 de setembro de 1936 ![]() ponte do Bibei, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Abdón Segundo García Núñez, nado na Portela (Vilamartín de Valdeorras) en 1893 e finado na ponte do Bibei o 16 de setembro de 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño da Portela. Militante do Partido Galeguista. Fixo denuncia pública da pervivencia de prácticas electorais caciquís e defendeu aos labregos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís sacárono da casa. Levárono á checa da casa do Riocigüeño, no Barco de Valdeorras, para trasladalo a Ourense. De camiño, foi asasinado á altura da ponte do Bibei o 16 de setembro de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Segundo García Núñez na páxina web Nomes e Voces.