Saltar ao contido

Seguriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seguriño
Creador(es) Xunta de Galicia
Información
Sexo varón
Nacionalidade Galicia Galicia

Seguriño foi unha personaxe de ficción creada pola Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia para promocionar e educar ás nenas e aos nenos, por medio de campañas televisivas emitidas en horario infantil, na educación viaria[1]. Por medio de anuncios ou cancións, emitidas en programas infantís coma o Xabarín Club, Seguriño ensinaba aos galegos e galegas a se comportaren axeitadamente coma peóns ou a respectaren os sinais de tráfico, ademais de tomaren conciencia da importancia da seguridade viaria.

A campaña foi considerada un éxito tanto na Galiza coma a nivel estatal[1], de xeito que foi exportada a outras administracións, coma a Comunidade de Madrid[2].

Características

[editar | editar a fonte]

A personaxe de Seguriño, cuxo nome intentaba transmitir prudencia e responsabilidade, era un homiño vestido cunha funda de cor azul con catro botóns dourados e unhas zapatillas e un gorro azuis. Acompañando a Seguriño, adoitaban aparecer nenos e nenas, os cales eran educados con consellos de seguridade viaria.

  1. 1,0 1,1 Imaxe.com (ed.). "Seguriño · Xunta de Galicia.". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  2. Beltrán Llera, Jesús. Comunidad de Madrid, ed. "El impacto de la comunicación audiovisual en al modificación conductual y cognitiva de los niños, en la Comunidad de Madrid." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2010. Consultado o 17 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]