Saltar ao contido

Sei Shonagon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSei Shonagon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 清少納言 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento966 Editar o valor em Wikidata
Heian-Kyo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1025 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Kyoto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndama de compañía , autora de diarios , escritora , ensaísta , poetisa , historiadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1000 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorFujiwara no Teishi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTachibana no Norimitsu
Fujiwara no Muneyo
FillosTachibana no Norinaga (en) Traducir
 () Tachibana no Norimitsu (en) Traducir
Jōtōmoninkomanomyōbu (en) Traducir
 () Fujiwara no Muneyo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiKiyohara no Motosuke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKaishū (en) Traducir e Kiyohara no Munenobu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0794839 Allocine: 90886
BNE: XX1768510 Discogs: 1517228 Editar o valor em Wikidata

Sei Shōnagon (xaponés: 清少納言), nada en Kyoto cara ao ano 966 e finada na mesma cidade en 1017 ou 1025, foi unha escritora e poeta xaponesa. A súa obra máis importante foi Makura no sōshi ("O libro da almofada").[1]

Nome[editar | editar a fonte]

O seu auténtico nome é descoñecido. Durante o período Heian (794-1185), era habitual que os aristócratas chamasen ás damas da corte por apelativos derivados do rango dos seus pais ou esposos.[2] Sei 清 é a lectura chinesa do primeiro carácter do seu apelido paterno, Kiyohara 清原, namentres Shōnagon 少納言 é un posto gobernamental: conselleiro menor do estado.[2] Porén, a súa relación con este último rango é descoñecida, posto que nin o seu pai nin os seus dous maridos ocuparon ese posto oficial.[2] Isto podería indicar a existencia dun terceiro esposo, quizais Fujiwara no Nobuyoshi.[3]

Existe un amplo debate arredor do seu nome real, que podería ter sido Kiyohara no Nagiko (xaponés: 清原諾子).[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Non existe moita información sobre a súa vida, agás o que se pode atopar nos seus propios textos. Era filla do erudito e poeta de waka Kiyohara no Motosuke, quen ocupaba un cargo de funcionario provincial. O seu avó, Kiyohara no Fukayabu, tamén escribiu waka. Malia ser unha familia de cortesáns de rango medio, carecían de medios económicos.

Sei Shōnagon casou con Tachibana no Norimitsu, un oficial do goberno, aos dezaseis anos. Con el tivo un fillo, Norinaga. En 993, aos vinte e sete, comezou a traballar no servizo da emperatriz Teishi, consorte do emperador Ichijō. Neste momento, podería estar xa divorciada do seu primeiro esposo. Ao abandonar o servizo da emperatriz, casou con Fujiwara no Muneyo, gobernador da provincia de Settsu, con quen tivo unha filla, Koma no Myobu. Porén, segundo outras fontes fíxose monxa budista.[5]

Rivalidade con Murasaki Shikibu[editar | editar a fonte]

Sei Shōnagon é coñecida pola súa rivalidade cunha das súas contemporáneas, a escritora e dama da corte Murasaki Shikibu, autora do célebre Genji monogatari e serva da emperatriz Shoshi, segunda consorte do emperador Ichijō. Esta escribiu en ton de burla sobre Sei Shōnagon no seu Murasaki Shikibu nikki ("Diario de Murasaki Shikibu", c. 1010), aínda que recoñecendo o seu talento literario.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Descoñécense as circunstancias da súa vida despois de 1017, xa que apenas hai información sobre ela tras o pasamento da emperatriz Teishi en 1000. Segundo a tradición, viviu os seus derradeiros anos na pobreza como monxa budista.[5] Porén, de acordo con outras fontes, casou con Fujiwara no Muneyo. En calquera caso, pénsase que a súa obra mestra, o Makura no sōshi, foi redactado durante esta época, entre o 1001 e o 1010.

Obra[editar | editar a fonte]

Sei Shōnagon gañou moita sona grazas ao seu Makura no sōshi, unha miscelánea de listaxes, rexoubas, poesía, observacións e queixas escrita durante os seus anos na corte. Trátase dun exemplo do xénero literario xaponés coñecido como zuihitsu. Nestes textos, describe as súas experiencias cotiás e os costumes da época, así como os sucesos da corte imperial de Kyoto, dende o seu peculiar punto de vista.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sei Shōnagon". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Keene 1999, p. 412.
  3. Keene 1999, p. 412, 427.
  4. Katō 1674.
  5. 5,0 5,1 Donawerth 2002, p. 22-23.
  6. Toraya 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]