Saltar ao contido

Selahattin Demirtaş

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSelahattin Demirtaş

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Palu, Turquía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
HDP Co-chair (en) Traducir
20 de maio de 2017 – 11 de febreiro de 2018
← Selahattin DemirtaşSezai Temelli (en) Traducir →
Xunto con: Serpil Kemalbay (en) Traducir
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
17 de novembro de 2015 – 16 de maio de 2018
Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: Istanbul (1st electoral district) (en) Traducir

Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
23 de xuño de 2015 – 1 de outubro de 2015
Lexislatura: 25th Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: Istanbul (1st electoral district) (en) Traducir

HDP Co-chair (en) Traducir
22 de xuño de 2014 – 9 de marzo de 2017
← Ertuğrul Kürkçü (pt) TraducirSelahattin Demirtaş →
Xunto con: Figen Yüksekdağ (pt) Traducir
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
2014 – 23 de abril de 2015
Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: Hakkari (en) Traducir

Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
20 de xuño de 2011 – 2014 (joining party (en) Traducir)
Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: Hakkari (en) Traducir

Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
23 de xullo de 2007 – 23 de abril de 2011
Lexislatura: 23rd Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: Diyarbakır (en) Traducir

Datos persoais
EducaciónAnkara University Law School (en) Traducir
Dokuz Eylül University Department of Maritime Business Administration (en) Traducir
Universidade de Ancara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado, autor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático dos Povos (pt) Traducir (2014–)
Peace and Democracy Party (en) Traducir
Democratic Society Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBaşak Demirtaş (2002–) Editar o valor en Wikidata
FillosDelal Demirtaş, Dılda Demirtaş Editar o valor en Wikidata
IrmánsNurettin Demirtaş
Özgür Demirtaş Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8239793 Twitter: hdpdemirtas Instagram: hdpdemirtas Editar o valor en Wikidata

Selahattin Demirtaş, nado en Palu o 10 de abril de 1973, é un político kurdo, colíder do prokurdo Partido Democrático dos Pobos, xunto con Figen Yüksekdağ. Foi o candidato presidencial da súa formación nas eleccións de 2014, quedando no terceiro lugar co 9.77% do voto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Selahattin naceu nunha familia de lingua zaza[1] na provincia de Elazığ e alí completou os seus estudos primarios e secundarios. Logo estudou comercio e administración marítima na Universidade de Dokuz Eylül mais por problemas políticos non puido completar a carreira e principiou a estudar dereito na Universidade de Ancara, tras de licenciarse traballou como avogado antes de entrar na sección de Diyarbakır da Asociación de Dereitos Humanos (IHD), onde substituíu en 2004 ao presidente local, Osman Baydemir, elixido alcalde de Diyarbakır. Durante o seu mandato, a asociación centrouse na cuestión dos asasinatos políticos sen resolver en Turquía.

Carreira política

[editar | editar a fonte]
Póster electoral de Selahattin Demirtaşa
Porcentaxe de votos logrados por Demirtaş nas 81 provincias de Turquía na elección presidencial de 2014

Demirtaş comezou a súa carreira política como membro do Partido da Sociedade Democrática (DTP) en 2007 e nas eleccións resultou elixido para o parlamento e foi o xefe do seu grupo parlamentario. O Tribunal Supremo ordenou en 2009 a ilegalización do DTP e os seus deputados integráronse no Partido da Paz e da Democracia (BDP). O BDP celebrou o seu primeiro congreso en 2010 e elixiu a Selahattin Demirtaş e Gültan Kışanak como os seus dirixentes. Reelixido nas eleccións de 2011 como parte da lista "Traballo, Democracia e Liberdade" que apoiaba o BDP e outras 18 organizacións políticas democráticas. En 2014 formouse o HDP no que se integrou o BDP e que elixiu a Demirtaş, e Figen Yüksekdağ como os seus líderes, presentando ao primeiro como o seu candidato ás eleccións presidenciais de 2014. Nas eleccións parlamentarias de xuño de 2015, o HDP logrou o 13.12% do votos e 80 escanos dun total de 550 asentos.

  1. Orhan Türkdoğan, Doğu ve Güneydoğu: Sorunlar ve Çözüm Yolları, IQ KültürSanat Yayıncılık, 2009, ISBN 978-975-255-262-3, p. 16

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]