Selección de fútbol de Azerbaidján
![]() | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | AZE | ||
Alcume | Milli (A nacional) | ||
Clasificación FIFA | 114 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | ![]() | ||
Máis encontros | Rashad Sadygov (111) | ||
Máximo goleador | Gurban Gurbanov (14) | ||
Estrea internacional Xeorxia ![]() ![]() Gurjaani, Xeorxia; 17 de setembro de 1992 | |||
Maior vitoria Azerbaidján ![]() ![]() Bakú, Azerbaidján; 5 de xuño de 1999 Azerbaidján ![]() ![]() Bakú, Azerbaidján; 4 de setembro de 2017 | |||
Maior derrota Francia ![]() ![]() Auxerre, Francia; 6 de setembro de 1995 |
A selección de fútbol de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan milli futbol komandası) é o equipo que representa a Azerbaidján nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está controlada pola Asociación de Federacións de Fútbol de Azerbaidján (Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası, AFFA), a cal tamén organiza a liga e copa nacional de fútbol deste país. A selección de Azerbaidján foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994. Este equipo é dos menos competitivos de Europa e nunca se clasificou para unha fase final dun mundial ou dunha Eurocopa.
Cores e símbolos
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación o equipo nacional azerí xogou cunha camisola branca adornada cunha pequena banda vertical vermella-verde-azul e cos pantalóns azuis. Fóra de casa alterna camisolas vermellas e azuis. Ultimamente a situación é bastante caótica dado que o equipo está xogando tanto como local como visitante de azul. O símbolo que portan os xogadores no peito é o escudo nacional azerí.