Selección de fútbol de Zanzíbar
Aparencia
Zanzíbar | |||
---|---|---|---|
| |||
Asociación | Football Zanzíbar Federation | ||
Confederación | {{{Confederación}}} | ||
Código FIFA | |||
Alcume | |||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Hemed Suleiman | ||
Máis encontros | Khamis Mcha Khamis (18) | ||
Máximo goleador | Khamis Mcha Khamis (5) | ||
Estrea internacional Tanganica 1 – 1 Zanzíbar Dar es Salaam, Tanganica; 18 de setembro de 1947 | |||
Maior vitoria Zanzíbar 6 – 0 Recia Arbil, Iraq; 4 de xuño de 2012 | |||
Maior derrota Kenya 10 – 0 Zanzíbar Kenya; 1961 |
A selección de fútbol de Zanzíbar é o equipo representativo de Zanzíbar, Tanzania, nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Zanzíbar de Fútbol (Football Zanzíbar Federation). Zanzíbar foi admitido na Confederación Africana de Fútbol (CAF) en marzo de 2017, converténdose así no membro número 55 da organización.[1] Con todo, catro meses despois a súa inclusión foi anulada, declarando o presidente da CAF, Ahmad Ahmad, que non podería entrar até ser un estado soberano.[2] Antes da súa unión con Tanganika, Zanzíbar si foi membro da CAF, participando na fase de clasificación para a Copa de África de Nacións. Zanzíbar tampouco é membro da FIFA e non pode participar nas Copas do Mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zanzibar admitted as full member of African soccer body" [Zanzíbar admitido como membro de pleno dereito da organización do fútbol africano]. indianexpress.com. Indian Express. 16 de marzo de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ "Zanzibar loses Caf membership in embarrassing U-turn" [Zanzíber perde a súa condición de membro da CAF nun embarazoso viro de 180º]. bbc.com. British Broadcasting Corporation. 21 de xullo de 2017.