Selección de fútbol sala de Galicia
A selección nacional de fútbol sala de Galicia é un equipo combinado formado por xogadores de fútbol sala de Galicia, que participa en competicións de carácter amigábel ao non ter recoñecemento da UEFA.
Creación
[editar | editar a fonte]A selección galega foi creada a comezos de 2008 e disputou o seu primeiro partido o 29 de febreiro dese ano, contra a selección do Uruguai, nas pistas do polideportivo da Malata, en Ferrol.
A primeira selección galega
[editar | editar a fonte]Os adestradores foron Bruno García Formoso e Javier Pardeiro Casavella. O cinco inicial formárono Toni, Pola, Manu, Juan Puertas e Pitu.
Datos e resultado
[editar | editar a fonte]O partido rematou cun resultado de 6-1 favorábel a Galiza. Os goles galegos foron anotados por Oscar Vivian (5'), Pana (23', 23', 24', 26') e por Manu (27'). O gol uruguaio marcouno o galego Pola no minuto 37', en propia meta. Os árbitros foron Álvaro Cid Bragado e Xesús Manuel Sande Veiga, auxiliados por Rocío Ruano Melón. Expulsaron o galego Pitu e o uruguaio D´Alessandro, ambos no minuto 37, con tarxeta vermella directa. O campo colleitou unha entrada de 4.000 espectadores[1].
A selección uruguaia estivo formada por Barros, Rodríguez, D´Alessandro, Moliterno e Blankleider (cinco inicial), e mais por Castro, Dinolfi, Mato, Fabián Hernández, Laurino, Sena, Carlos Pérez e Santana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 4.000 persoas con Galiza, na Malata Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 29.02.08