A selección de hóckey a patíns masculina de Suráfrica é o equipo que representa a Suráfrica nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina organizadas pola FARS ou polo CIRH. A selección surafricana depende da Southafrican Roller Hockey Federation (en galegoFederación Surafricana de Hóckey a patíns), organismo fundado a principios dos anos '70. Actualmente a selección de Suráfrica é unha das mellores seleccións africanas xunto con Angola e Mozambique. O hóckey a patíns surafricano está a experimentar un notable progreso que se viu reflectido no Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns 2010, cando conseguiu chegar ata a final e asegurarse un posto no Campionato do Mundo "A" no 2011 por primeira vez na súa historia, ata aquela o mellor posto colleitado polos surafricanos fora un cuarto posto no Campionato do Mundo "B" do 2008 disputado na súa casa, quedándose ás portas de disputar o Mundial "A". Tamén no 2010 acadou o 7º posto na Copa América.