Selección de rugby a 7 de España
A selección española de seven é o equipo que representa á Federación Española de Rugby a nivel internacional nas diversas competicións de rugby a 7 organizadas pola World Rugby e por Rugby Europe. Os éxitos máis salientables da selección foron as participacións nas Series Mundiais de 2012/13 e 2013/14 e a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2016, así como a participación en varias Copas do Mundo.
Xogadores
[editar | editar a fonte]A modalidade de "rugby a 7" ou "seven" aceptouno o COI en 2009 como deporte olímpico, e dese xeito os xogadores integrantes da selección poden optar a axudas especiais como as bolsas ADO baixo unha serie de condicións, e nese caso poden adicarse ó seu deporte de xeito profesional, cousa non moi habitual no rugby español.
En 2016 o grupo de xogadores con bolsa ADO que integran a selección española de seven está composto por:
- Matías Tudela (Capitán)
- Pablo Feijoo
- César Sempere
- Ignacio Martín
- Francisco Hernández
- Marcos Poggi
- Ángel López
- Pol Pla
- Joan Losada
- Ignacio Villanueva
- Igor Genua
- Víctor Sánchez
- Glen Rolls
Outros xogadores sen bolsa ADO habituais nas convocatorias do seleccionador José Ignacio Inchausti son: