Selección de fútbol gaélico de Galicia
A selección de fútbol gaélico de Galicia é o equipo de fútbol gaélico recoñecido pola Asociación Atlética Gaélica que representa a Galicia nos campionatos internacionais deste deporte.
A selección de fútbol gaélico é a primeira selección deportiva galega que compite de xeito oficial nun torneo internacional.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En xullo de 2012, da man de Siareiras Galegas, xogouse o primeiro partido da selección galega[2], nun encontro disputado en Narón contra a Selección Bretoa vencendo no primeiro partido entre dous combinados nacionais. En agosto de 2013 a Selección Galega devolveu a visita a Selección Bretoa con motivo do Festival Interceltico de Lorient, desta vez a selección caeu derrotada.
No 2015, as seleccións galegas masculina e feminina participaron no Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico nos Emiratos Árabes Unidos, a primeira edición desta competición da historia. A selección galega masculina proclamouse subcampioa do mundo.[3] A selección feminina chegaou ata as semifiniais e caeu ante Oriente Medio.
No campionato EuroGames 2018 (campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico) xogado en Lorient no mes de agosto [4], o equipo feminino acadou a primeira praza vencendo na final a Francia por 28 puntos a 24. A selección masculina acadou a segunda posición no campionato perdendo na final xogada tamén ante Francia (10-15).[5]
Resultados
[editar | editar a fonte]Data | Lugar | Equipo Local | Equipo Visitante | Resultado | Goleadores |
---|---|---|---|---|---|
20-07-2012 | Narón, A Coruña | Galicia | Bretaña | 5-8(23) - 3-8(17) | Miragaya (2-0) Óscar Rodríguez (1-1) Carlos Seco (1-1) Isaac Xubín (1-0) Alberto Méndez (0-2) Julián Díaz (0-1) Pedro Alberte Aguado (0-1) Martín Fernández (0-1) Pablo Fuentes (0-1) |
11-08-2013 | Lorient, Bretaña | Galicia | Bretaña | 3-12(18) - 1-8(11) | |
09-08-2014 | A Estrada, Pontevedra | Galicia | Combinado Madrid | 11-11(44) - 2-13(19) | |
04-10-2014 | O Grove, Pontevedra | Galicia | Combinado Irlanda | (25) - (30) | |
07-03-2015 | Doha, Abu Zabi | Galicia | Suráfrica | (9) - (2) | |
07-03-2015 | Doha, Abu Zabi | Galicia | Arxentina | (6) - (10) | |
07-03-2015 | Doha, Abu Zabi | Galicia | Oriente Medio | (9) - (2) | |
08-03-2015 | Doha, Abu Zabi | Galicia | Suráfrica | (12) - (5) | |
08-03-2015 | Doha, Abu Zabi | Galicia | Arxentina | (4) - (7) | |
18-03-2017 | Ourense | Galicia | Francia | (17) - (50) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pardo, Miguel (7 de marzo de 2015). "Galicia debuta con tres vitorias no Mundial de fútbol gaélico". Praza Pública. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ "Asociación Galega de Fútbol Gaélico". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2015.
- ↑ CRTVG (ed.). "Galicia, subcampioa do Mundo". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ "Le Festival Interceltique de Lorient est heureux d’accueillir l’Euro 2018 de Football Gaélique". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018.
- ↑ "Nova no Sermos Galiza". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018.