Saltar ao contido

Selección de fútbol de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Deutscher Fußball-Bund
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA GER
Alcume Die Mannschaft (O equipo)
Clasificación FIFA 15[1] (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Alemaña Joachim Löw
Máis encontros Lothar Matthäus (150)
Máximo goleador Miroslav Klose (71)
Estrea internacional
Suíza Suíza 5 - 3 Imperio Alemán Alemaña
Basilea, Suíza; 5 de abril de 1908
Maior vitoria
Alemaña Imperio Alemán 16 - 0 Imperio Ruso
Estocolmo, Suecia; 1 de xullo de 1912
Maior derrota
Inglaterra Inglaterra 9 - 0 Imperio Alemán Alemaña
Oxford, Inglaterra; 16 de marzo de 1909
Copa do Mundo
Participacións 19 (primeira en 1934)
Mellor resultado Campións (1954, 1974, 1990, 2014)
Eurocopa
Participacións 13 (primeira en 1972)
Mellor resultado Campións (1972, 1980, 1996)

A selección nacional de fútbol de Alemaña, é o equipo representativo de Alemaña nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Alemá de Fútbol (Deutscher Fußball-Bund), pertencente á UEFA. Gañadora de catro Copas do Mundo (1954, 1974, 1990 e 2014) e tres Eurocopas, é unha das seleccións máis prestixiosas do mundo deste deporte.

A nivel de Mundiais de fútbol tan só o Brasil ten máis títulos. Alemaña ademais disputou outras catro finais onde non acadou a vitoria, sendo a selección europea con máis finais disputadas, igualando ó Brasil con sete ocasións: 1954, 1966, 1974, 1982, 1986, 1990 e 2002. Foi ademais a primeira selección que liderou a Clasificación Mundial da FIFA, ocupando o primeiro posto durante 1993 e 1994.

Entre os anos 1949 e 1990 existiron dous equipos xermanos, o de Alemaña Oriental (República Democrática Alemá) e Alemaña Occidental (República Federal Alemá). Tódolos títulos foron conseguidos pola Alemaña do Oeste, excepto a Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1976. A selección ten varios capitáns honorarios (Ehrenspielführer) que son: Fritz Walter, Uwe Seeler, Franz Beckenbauer e Lothar Matthäus. En certa ocasión o xogador inglés Gary Lineker dixo: "O fútbol é un deporte que inventaron os ingleses, xogan once contra once detrás dun balón, e ao final sempre gaña Alemaña".

A selección de fútbol de Alemaña, daquela o Segundo Reich, xogou o seu primeiro encontro o 5 de abril de 1908 fronte a Suíza, partido que se saldou con derrota para os xermanos por 5 a 3. As cores do uniforme da selección, o branco e o negro, proceden das cores da monarquía alemá durante este período. Pese que a selección non xogou o seu primeiro encontro até 1908, a Federación Alemá de Fútbol ou Deutscher Fußball-Bund, fora fundada en 1900, sendo unha das fundadoras da FIFA en 1904. A selección estivo durante épocas fortemente marcada pola política. Entre 1938 e 1945, Austria ficou integrada na Alemaña Nazi. Con iso, destacados xogadores austríacos pasaron a ser tamén aproveitados pola selección alemá, mentres a austríaca (que utilizaba tradicionalmente un uniforme semellante) foi extinguida momentaneamente. A anexión ocorreu meses antes da Copa do Mundo de 1938, para a cal ambas as seleccións estaban clasificadas. Seis austríacos foron convocados para defender a Alemaña no mundial.

Trala Guerra, Alemaña foi dividida. As áreas conquistadas no conflito volveron aos antigos países, e o territorio alemán pre-guerra dividiuse en catro: Austria volveu ser un país independente e a súa selección foi retomada, foron creadas Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, cada unha tamén coa súa propia selección, e o Sarre, aínda que este último a finais dos anos 50, foi integrado na Alemaña Occidental.

Partido entre as dúas Alemañas na Copa do Mundo de 1974, que se saldou con vitoria por parte dos Orientais por 1 a 0.

As dúas Alemañas proseguiron divididas até o ano de 1990, cando se reunificaron. A reunificación deuse xa tras a Copa do Mundo daquel ano, gañada pola propia selección da Alemaña Occidental. Os occidentais, que continuaron a usar o uniforme da Alemaña pre-guerra, destacaron claramente, clasificándose para tódalas edicións da Copa do Mundo, sendo campións en 1954, 1974 (onde foron os anfitrións) e 1990 gañando en todos contra as seleccións favoritas ao título, respectivamente Hungría, Países Baixos e Arxentina. Unicamente non disputaron a Copa do Mundo de 1950, cando non existía ningunha selección alemá. Os occidentais tamén disputaron todas as Eurocopas a partir da edición de 1972, sendo campións. Vencerían tamén na de 1980.

A Selección de Alemaña Oriental, máis feble, clasificouse só para unha Copa do Mundo, xustamente a de 1974, realizada na Alemaña Occidental. Ambas se enfrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha Eurocopa. Por outro lado, gañaron ouro nos Xogos Olímpicos (nas Olimpíadas de 1976), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O azul era a cor da xuventude do Partido Comunista do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en 1974.

A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: Matthias Sammer e Michael Ballack. O primeiro título dende a reunificación foi a Eurocopa 1996.

Palmarés Copa do Mundo

[editar | editar a fonte]

Alemaña

  • 1930 - Non participou.
  • 1934 - 3º posto.
  • 1938 - Primeira fase
  • 1950 - Non lle permitiron participar.

República Federal Alemá

Alemaña reunificada

  • 1994 - Cuartos de final.
  • 1998 - Cuartos de final.
  • 2002 - Subcampións.
  • 2006 - 3º Posto.
  • 2010 - 3º Posto.
  • 2014 - Campións.
  • 2018 - Primeira fase

Palmarés Eurocopa

[editar | editar a fonte]

República Federal Alemá

  • 1960 - Non participou.
  • 1964 - Non participou.
  • 1968 - Non participou.
  • 1972 - Campións.
  • 1976 - Subcampións.
  • 1980 - Campións.
  • 1984 - Primeira Rolda.
  • 1988 - Semifinais.

Alemaña reunificada

  • 1992 - Subcampións.
  • 1996 - Campións.
  • 2000 - Primeira Rolda.
  • 2004 - Primeira Rolda.
  • 2008 - Subcampións.
  • 2012 - Cuartos de final
  • 2016 - Semifinais

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Os seguintes xogadores foron chamados para xogar o Mundial de Fútbol Rusia 2018.

Partidos e goles actualizados a 2 de xuño de 2018.

# Posición Xogador Data de nacemento (Idade) Partidos Goles Equipo
1 Porteiro Manuel Neuer 27 de marzo de 1986 (38 anos) 75 0 Alemaña Bayern München
12 Kevin Trapp 8 de xullo de 1990 (34 anos) 3 0 Francia Paris Saint-Germain
22 Marc-André ter Stegen 30 de abril de 1992 (32 anos) 19 0 España Barcelona
2 Defensa Marvin Plattenhardt 26 de xaneiro de 1992 (32 anos) 6 0 Alemaña Hertha BSC
3 Jonas Hector 27 de maio de 1990 (34 anos) 37 3 Alemaña 1. FC Köln
4 Matthias Ginter 19 de xaneiro de 1994 (30 anos) 17 0 Alemaña Borussia Mönchengladbach
5 Mats Hummels 16 de decembro de 1988 (36 anos) 63 5 Alemaña Bayern München
15 Niklas Süle 3 de setembro de 1995 (29 anos) 10 0 Alemaña Bayern München
16 Antonio Rüdiger 3 de marzo de 1993 (31 anos) 24 1 Inglaterra Chelsea
17 Jérôme Boateng 3 de setembro de 1988 (36 anos) 70 1 Alemaña Bayern München
18 Joshua Kimmich 8 de febreiro de 1995 (29 anos) 28 3 Alemaña Bayern München
6 Centrocampista Sami Khedira 4 de abril de 1987 (37 anos) 74 7 Italia Juventus
7 Julian Draxler 20 de setembro de 1993 (31 anos) 43 6 Francia Paris Saint-Germain
8 Toni Kroos 4 de xaneiro de 1990 (34 anos) 82 12 España Real Madrid
10 Mesut Özil 15 de outubro de 1988 (36 anos) 90 23 Inglaterra Arsenal
14 Leon Goretzka 6 de febreiro de 1995 (29 anos) 15 6 Alemaña Schalke 04
19 Sebastian Rudy 28 de febreiro de 1990 (34 anos) 25 1 Alemaña Bayern München
20 Julian Brandt 2 de maio de 1996 (28 anos) 15 1 Alemaña Bayer Leverkusen
21 İlkay Gündoğan 24 de outubro de 1990 (34 anos) 25 4 Inglaterra Manchester City
9 Dianteiro Timo Werner 6 de marzo de 1996 (28 anos) 13 7 Alemaña RB Leipzig
11 Marco Reus 31 de maio de 1989 (35 anos) 30 9 Alemaña Borussia Dortmund
13 Thomas Müller 13 de setembro de 1989 (35 anos) 90 38 Alemaña Bayern München
23 Mario Gómez 10 de xullo de 1985 (39 anos) 74 31 Alemaña VfB Stuttgart

Máis partidos xogados

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 22 de marzo de 2017.

Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.

Lothar Matthäus é o xogador que máis partidos xogou coa selección alemá (150).
# Xogador Etapa Partidos Goles
1 Lothar Matthäus 1980–2000 150 23
2 Miroslav Klose 2001–2014 137 71
3 Lukas Podolski 2004–2017 130 49
4 Bastian Schweinsteiger 2004–2016 121 24
5 Philipp Lahm 2004–2014 113 5
6 Jürgen Klinsmann 1987–1998 108 47
7 Jürgen Kohler 1986–1998 105 2
8 Per Mertesacker 2004–2014 104 4
9 Franz Beckenbauer 1965–1977 103 14
10 Thomas Häßler 1988–2000 101 11

Máximos goleadores

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de marzo de 2018.

Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.

# Xogador Etapa Goles Partidos
1 Miroslav Klose 2001–2014 71 137
2 Gerd Müller 1966–1974 68 62
3 Lukas Podolski 2004–2017 49 130
4 Rudi Völler 1982–1994 47 90
Jürgen Klinsmann 1987–1998 108
6 Karl-Heinz Rummenigge 1976–1986 45 95
7 Uwe Seeler 1954–1970 43 72
8 Michael Ballack 1999–2010 42 98
9 Thomas Müller 2010– 38 90
10 Oliver Bierhoff 1996–2002 37 70
  1. FIFA (ed.). "Germany: FIFA/Coca-Cola World Ranking". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]