Saltar ao contido

Selma Barkham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSelma Barkham

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Chichester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafa , historiadora Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesAldous Huxley ()
Julian Huxley ()
Thomas Henry Huxley (bisavó)
Henri-Gustave Joly de Lotbinière (pt) Traducir (bisavó) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX974895 Dialnet: 1812554


Selma Huxley, tamén coñecida como Selma Barkham ou Selma Barkham Huxley, nada en Londres o 8 de marzo de 1927 e finada en Chichester o 3 de maio de 2020,[1] foi unha historiadora canadense de protagonismo internacional nos campos da historia marítima do País Vasco e do Canadá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

As súas investigacións permitíronlle reconstruír un capítulo pouco coñecido da historia de Canadá e do País Vasco: o bacallau vasco e as pesqueiras de baleas na Terra Nova, sobre todo no século XVI.[2] Descubriu a existencia dunha industria baleeira vasca no século XVI en Labrador, os seus portos baleeiros, os restos arqueolóxicos das súas bases, así como a presenza de galeóns vascos afundidos neses portos, entre eles o San Juan (1565).

Distincións

[editar | editar a fonte]

En 1981 o Goberno do Canadá concedeulle a Orde do Canadá, o seu máximo galardón civil, polo seu traballo pioneiro e por ter realizado "unha das contribucións máis brillantes, nos últimos anos, á historia desta nación".

  1. "Fallece Selma Huxley, gran investigadora de los balleneros vascos". 4 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  2. "El caso de Selma Huxley | Vidas científicas" (en castelán). 13 de marzo de 2018. Consultado o 16 de abril de 2019.