Saltar ao contido

Senén Bernárdez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSenén Bernárdez Álvarez
Nome orixinal(es) Senén Bernárdez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1930 Editar o valor en Wikidata
Gomesende, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 2013 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989

Circunscrición electoral: Ourense

Deputado do Parlamento de Galicia
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncientífico, político Editar o valor en Wikidata

BUSC: bernardez-alvarez-senen-1930


Senén Bernárdez Álvarez, nado en Gomesende o 24 de maio de 1930 e finado en Ourense o 22 de xaneiro de 2013[1], foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas[Cómpre referencia] e en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1955 estableceuse cunha oficina de farmacia en Padrenda, e tres anos máis tarde (1958) trasladouse a Ourense, onde exerceu como farmacéutico ata o seu retiro en 2005. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense entre 1968 e 1981. Durante estes anos desempeñou outros postos destacados no campo farmacéutico.

Entrou en política coa UCD, pola que foi elixido deputado no Parlamento de Galicia en 1981. Logo das eleccións xerais de 1982, foi un dos tres senadores galegos designados pola comunidade autónoma, e o único que representou a UCD. Porén, coa disolución da UCD integrouse en Coalición Galega, de quen actuou como senador no grupo Mixto ata 1986. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985, aínda que renunciou o 7 de xullo de 1986.

Nesas eleccións xerais de 1986 foi elixido primeiro deputado galeguista no Congreso dos Deputados dende a República, ao resultar escollido pola provincia de Ourense.

As súas intervencións foron publicadas nos libros Coalición Galega en el Senado (segunda legislatura) e Coalición Galega en el Congreso de los Diputados (Tercera legislatura).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]