Serafín Moralejo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1946 Santiago de Compostela, España |
Morte | 10 de agosto de 2011 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador da arte, historiador |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Santiago de Compostela |
Familia | |
Pai | Abelardo Moralejo Laso |
Irmáns | Juan José Moralejo José Luis Moralejo |
Serafín Moralejo Álvarez, nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da arte e catedrático galego, un dos mellores especialistas en escultura románica do mundo, especialmente no tocante ao Pórtico da Gloria.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do latinista Abelardo Moralejo Laso (e polo tanto irmán dos filólogos Juan José e José Luis), estudou Xeografía e Historia e doutorouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, na que despois sería profesor e catedrático da Arte Antiga e Medieval.
Experto en escultura románica e gótica, estivo especialmente interesado na iconografía na arte do Camiño de Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Serafín Moralejo, el primer catedrático español en Harvard" Arquivado 28 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego 18/8/2011 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- FRANCO MATA, A. (Dir. e Coord.) (2004). Patrimonio artístico de Galicia e outros estudos. Homenaxe ao prof. dr. Serafín Moralejo Álvarez. Xunta de Galicia.
- Artigo "MORALEJO ÁLVAREZ, Serafín" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Serafín Moralejo. El legado de un sabio" Culturas, La Voz de Galicia, 17/9/2011 (en castelán).