Saltar ao contido

Serapeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Serapeum»)
Serapeo da Vila Adriana, Tívoli.
Serapeo de Empúries, Cataluña.

Serapeum (en latín), serapeion (en grego), tamén serapeu ou serapeo, é o nome que daban os antigos romanos aos templos de Serapis e sobre todo ao construído en Alexandría por Tolomeo I Sóter, o chamado Serapeum de Alexandría.[1][2]

Os exiptólogos dan preferentemente este nome aos monumentos funerarios dos bois de Apis, entre os que destaca o da necrópole de Menfis, chamado Serapeum de Saqqara, que foi descuberto en 1851 polo arqueólogo francés Auguste Mariette.[3]

En tempos de Arístides o Orador (200 a. C.), Exipto tiña corenta e tres serapeos. Asia, Grecia e Italia tiñan un número igualmente grande. En Corinto uniuse o culto de Serapis co de Isis.[4]

  1. "SERAPEUM DA ALEXANDRIA, A FILHA DA ANTIGA BIBLIOTECA DE ALEXANDRIA" (en portugués). Consultado o 2024-12-17. 
  2. Ayu, Jose Luis. "El Serapeum de Alejandría". egiptoprofundo.org (en castelán). Consultado o 2024-12-17. 
  3. Carvajal, Guillermo (2021-10-15). "Cómo Auguste Mariette encontró el fabuloso Serapeo de Saqqara y los sarcófagos de los toros Apis". La Brújula Verde (en castelán). Consultado o 2024-12-17. 
  4. Bautista Carrasco, Juan (1864) Mitología universal. Tomo I, p. 208.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Bibliografía

[editar | editar a fonte]