Saltar ao contido

Serbia central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Serbia Central»)
Mapa da Serbia central.

Serbia central (en serbio: Централна Србија ou Centralna Srbija), tamén coñecida como Serbia interior (en serbio: Ужа Србија ou Uža Srbija), á a rexión de Serbia que, desde 1945 a 2009 se encontraba entre as provincias de Kosovo i Metohija (ao sur) e Vojvodina (ao norte).

Status político

[editar | editar a fonte]

A rexión non é unha división administrativa de Serbia como tal, pero está baixo a xurisdición directa das autoridades da República, a diferenza das provincias de Kosovo e Metohija e de Voivodina que teñen (ou tiveron) un certo grao de autonomía territorial.[1]

Subdivisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Distritos da Serbia central.

O territorio de Serbia central está dividido en 17 distritos e a cidade de Belgrado, e os distritos, á súa vez, están subdivididos en municipalidades. Os distritos son:

Límites de Serbia en 1878, os cales eran similares ás fronteiras da actual Serbia central.

Viminacium (hoxe Kostolac) foi a capital da provincia romana de Mesia no século II. As varias capitais dos estados serbios medievais estiveron tamén localizadas no actual territorio de Serbia central: Raš (a capital de Raška), Debrć (capital de Sirmia) e Belgrado (capital do reino de Stefan Dragutin Nemanjić), Kruševac (a capital do estado de Lazar Hrebeljanović), e Smederevo (a capital do Despotado de Serbia).

O Despotado de Serbia foi conquistado polo Imperio Otomán no século XV. Unha das unidades administrativas otomás chamouse Sandjak de Smederevo, formado ao redor da cidade de Smederevo. Despois, a sede do Sandjak traladouse a Belgrado, e o territorio foi coñecido como o Baxalato (Pashaluk) de Belgrado.

Entre os anos 1718 e 1739 a rexión estivo baixo o reino dos Habsburgo e, despois do Primeiro Levantamento Serbio, en 1804, a rexión chegou a ser un estado serbio libre coñecido como Serbia. Pero foi conquistado de novo polos otománs en 1813, aínda que, tras o Segundo Levantamento Serbio (1815-1817), acabou sendo recoñecida como un principado autónomo dentro do Imperio Otomán chegando a ser, en 1878, un estado independente. Os límites de Serbia establecidos nese ano eran moi similares aos límites actuais de Serbia central.

División administrativa de Serbia central (distritos e municipios), entre 1974 e 1990.

En 1913 Serbia expandiu as súas fronteiras cara ao sur, controlando unha gran parte do actual Kosovo e da actual Macedonia do Norte. Como consecuencia da primeira guerra mundial ampliouse o territorio no norte e no suroeste, converténdose en parte (a meirande parte) do novo Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, o 1 de decembro de 1918.

A rexión máis tarde coñecida como Serbia central non tiña un estatuto político independente dentro do Reino, aínda que, en 1929, cando se formaron as novas provincias (banovine) da monarquía, unha das provincias (Morava Banovina) estableceuse na parte oriental da Serbia central coa súa capital en Niš.

Entre 1941 e 1944, o territorio da antiga Serbia central foi ocupada polas tropas alemás e a maior parte de Serbia foi incluída no protectorado alemán de Serbia, partes do sueste foron ocupadas por Bulgaria, mentres que outras, no suroeste, ocupounas Italia que as anexionou ao estado monicreque de Montenegro.

A ocupación do Eixe finalizou en 1944, e a República Democrática de Serbia pasou a formar parte da nova República Federal Socialista de Iugoslavia. En 1945, Voivodina e Kosovo foron declaradas provincias autónomas dentro de Serbia, mentres que a parte de Serbia que quedou fóra destas provincias coñeceuse como Uža Srbija ("Serbia Propia" en galego).

Ao comezo dos anos 1990, o termo Uža Srbija substituíuse polo novo termo Centralna Srbija ("Serbia central" en galego) e este novo termo foi usado en todas as publicacións oficiais do goberno serbio para referirse a esta rexión.

Cando se formaron as novas rexións estatísticas de Serbia en 2009-2010, o territorio da Serbia central transformouse oficialmente en 3 rexións estatísticas: Rexión de Belgrado, Rexión de Šumadija e Serbia Occidental e Rexión de Serbia do Sur e do Leste.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Serbia.

Rexións xeográficas

[editar | editar a fonte]

Algunhas rexións xeográficas importantes de Serbia central son:

As principais cidades de Serbia central son:
(Poboación estimada en 2002)

Grupos étnicos

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2002, os grupos étnicos na Serbia central eran os seguintes:

En 2002, a maioría dos municipios de Serbia central tiña unha maioría étnica de serbios. Tres municipios (Novi Pazar, Tutin e Sjenica) tiñan maioría de bosníacos; dous municipios (Bujanovac e Preševo), maioría albanesa; un dos municipios (Bosilegrad) unha gran maioría búlgara, e outro dos municipios (Dimitrovgrad) tiña unha composición étnica moi mesturada, con maoiría relativa búlgara.[3]

A rexión de Serbia central posúe moitos monumentos culturais. Perviven numerosos restos da civilización romana, como os de Gamzigrad, Viminacium, Mediana etc. Tamén son notábeis algunhas fortalezas medievais, como as de Kalemegdan, en Belgrado, Smederevo, Golubac e Fetislam, cerca de Kladovo. Uns dos máis importantes restos medievais da rexión son os numerosos mosteiros e igrexas medievais serbios, como os mosteiros de Djurdjevi Stupovi, Studenica, Sopoćani, Žiča etc.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Na actualidade, Kosovo é obxecto de disputa territorial entre a República de Serbia e a autoproclamada República de Kosovo, que declarou a súa independencia o 17 de febreiro de 2008, recoñlecida por 86 Estados das Nacións Unidas, mentres que Serbia reclama este territorio como parte da súa república. A día de hoxe está baixo a administracíón da ONU.
  2. http://media.popis2011.stat.rs/2011/prvi_rezultati.pdf
  3. Popis stanovništva, domaćinstava i Stanova 2002. Knjiga 1: Nacionalna ili etnička pripadnost po naseljima. Statistical Office of the Republic of Serbia (en serbio). 2003. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]