Sergio González Martínez
Sergio | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio González Martínez | ||
Nacemento | 14 de maio de 1997 | ||
Lugar de nacemento | Cartaxena | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Tenerife | ||
Número | 5 | ||
Carreira xuvenil | |||
La Manga | |||
La Unión | |||
2011–2013 | Cartagena | ||
2013–2016 | Cádiz | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2015–2020 | Cádiz B | 127 | (10) |
2016–2021 | Cádiz | 21 | (0) |
2021 | → Tenerife | 15 | (1) |
2021– | Tenerife | 79 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 15 de decembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sergio González Martínez, nado en Cartaxena o 14 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga de defensa central no Tenerife, da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criouse en La Manga del Mar Menor e comezou a xogar ao fútbol nun club da vila mariñeira. Posteriormente pasou polo CD La Unión e polo Cartagena, ata que en 2013 se trasladou a Cádiz, terra de seu pai, para ingresar na canteira do Cádiz.[1] Debutou co Cádiz B na Terceira División o 17 de maio de 2015, nunha derrota por 2-3 ante o CD Mairena, co equipo matematicamente descendido a Primeira Andaluza.[1]
Un ano menos dous días despois debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nunha vitoria por 0-1 ante o Real Jaén na última xornada.[2] Co equipo xa clasificado para a promoción de ascenso, Álvaro Cervera deulle a titularidade, colocándoo no centro da zaga xunto a Servando Sánchez. O equipo amarelo acabou conseguindo o ascenso.[1]
A continuación subiu definitivamente ao filial, afianzándose na titularidade durante os seguintes anos, nos que conseguiu un ascenso a Terceira e outro a Segunda B.[1] Na tempada 2019/20 compaxinou o filial co primeiro equipo e disputou con este último 18 encontros, contribuíndo ao ascenso do equipo á Primeira División.
Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2020/21, a derrota por 0-2 ante Osasuna no Nuevo Mirandilla. Con todo, uns días despois o club prohibiulle adestrar cos seus compañeiros e deulle a baixa federativa, o que provocou unha denuncia pública da Asociación de Futbolistas Españois (AFE).[3] En xaneiro de 2021 foi cedido ao Tenerife polo que restaba da campaña,[4] e trala fin da cesión asinou un contrato por tres anos co club canario.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "El cartagenero con alma gaditana" (en castelán). 5 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ "Real Jaén 0-1 Cádiz CF: Una alegría antes del juicio final" (en castelán). 15 de maio de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ Bejarano, Isabelo (30 de setembro de 2020). "AFE acusa al Cádiz de vulnerar los derechos de sus trabajadores en el caso de Sergio González". Marca (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ "Sergio González jugará en el Tenerife hasta final de temporada" (en castelán). 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ "Sergio González, nuevo jugador del CD Tenerife para las próximas tres temporadas" (en castelán). 21 de xullo de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).