Sergio Vences Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1936 Baños de Molgas, España |
Morte | 20 de decembro de 2012 (76 anos) |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, escritor |
Familia | |
Fillos | Miguel Vences |
Sergio Vences Fernández, nado en Lama Má (Baños de Molgas) o 22 de setembro de 1936 e finado o 20 de decembro de 2012[1], foi un filósofo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, foi lector de español nas universidades de Colonia e Duisburgo (1969-1983), e redactor para a Deutsche Welle (Radio Nacional de Alemaña para o Exterior). Foi profesor de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela (1974) e en 1975 profesor de Literatura española na Escola Universitaria de Tradutores e Intérpretes da Universidade de Colonia. Incorporouse en 1983 como profesor na USC e en 1990 pasou á Universidade da Coruña. Colaborou en Romanische Forschungen, Papeles de Son Armdans, Argumentos, La Nueva España, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e El Ideal Gallego. Traduciu a Dietrich Bonhoeffer, Frederik Hetmann e Edmund Husserl.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Los caminos de Martin Heidegger. Filosofía del lenguaje en el siglo XX, 1993.
- Platón suspende la selectividad, 1994.
- Vislumbres de utopía, 1995.
Poesía
[editar | editar a fonte]- La voz y el caminante, 1969.
- De la memoria al sueño, 2003.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Nas profundas augas do esquecemento, 2011.