Saltar ao contido

Sete noivas para sete irmáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sete noivas para sete irmáns
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalSeven Brides for Seven Brothers
DirectorStanley Donen
ProdutorJack Cummings
GuiónAlbert Hackett
Frances Goodrich
Dorothy Kingsley
Baseado enThe Sobbin' Women, de Stephen Vincent Benét
IntérpretesHoward Keel
Jane Powell
MúsicaGene de Paul
Johnny Mercer
Adolph Deutsch
Saul Chaplin
FotografíaGeorge J. Folsey
MontaxeRalph E. Winters
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraLoew's, Inc.
Estrea15 de xullo de 1954[1]
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento2 540 000 dólares[2]
Recadación9 403 000 dólares[2][3]
Na rede
http://www.warnerbros.com/movies/home-entertainment/seven-brides-for-seven-brothers/aafaf375-4570-4b01-9588-49c602bbe9fa.html
IMDB: tt0047472 Filmaffinity: 952510 Allocine: 35955 Rottentomatoes: m/seven_brides_for_seven_brothers Mojo: sevenbridesforsevenbrothers Allmovie: v43833 TCM: 16147 TV.com: movies/seven-brides-for-seven-brothers Editar o valor en Wikidata

Sete noivas para sete irmáns (en inglés: Seven Brides for Seven Brothers) é un filme musical estadounidense de 1954 dirixido por Stanley Donen, con música de Saul Chaplin e Gene de Paul, letras de Johnny Mercer e coreografía de Michael Kidd. O guión, de Albert Hackett, Frances Goodrich e Dorothy Kingsley, baséase no relato "The Sobbin' Women", de Stephen Vincent Benét, que está á súa vez inspirado na antiga lenda romana do rapto das sabinas. O filme, ambientado en Oregón en 1850, é coñecido particularmente pola pouco habitual coreografía de Kidd, que creou números de baile a partir de actividades mundanas da fronteira como cortar madeira ou construír un alpendre. A crítica de cinema Stephanie Zacharek denominou a escena do alpendre como "un dos máis impactantes números de baile nunca levados á pantalla".[4]

O filme gañou o Óscar á mellor banda sonora de musical e foi candidato a outros catro premios, incluído o de mellor filme. En 2006, o American Film Institute considerou Sete noivas para sete irmáns un dos mellores filmes musicais da historia. En 2004, o filme foi incluído para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 24 de xullo de 1993.[5]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O máis vello dos sete salvaxes irmáns Pontipee, Adam, decide casar coa guapa Milly e levala á súa cabana xunto cos seus seis irmáns. Entón estes deciden baixar á vila e conseguir unha muller para cada un.

Os irmáns e as noivas

Para interpretar os números de baile e as secuencias de acción o coreógrafo Michael Kidd quería bailaríns que interpretasen os seis irmáns de Adam Pontipee. Non obstante, foi capaz de integrar no elenco dous intérpretes con contrato coa MGM que non eran bailaríns, Jeff Richards, que só interpretou os bailes máis simples, e Russ Tamblyn, que apareceu nos números de bailes explotando o seu talento como ximnaste e acróbata.[6][7] As sete noivas eran bailarinas profesionais.

Xente do lugar

Adaptacións

[editar | editar a fonte]
  1. "Seven Brides for Seven Brothers - Details". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 30 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. 
  3. "All Time Domestic Champs", Variety, 6 de xaneiro de 1960 páx. 34
  4. Gold, Sylviane (marzo de 2008). "DEATHS: Michael Kidd (1915-2007)". Dance Magazine 82 (3): 88–89. 
  5. La Voz de Galicia, 24-7-1993. Páx. 79
  6. Gilbert, Tom (3-9 de marzo de 1997). "Kidd embraced by the Academy". Variety. p. 54. 
  7. Seven Brides for Seven Brothers TCM.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]