Sfera
Sfera ou Geoid, índice GRAU 11F621, foi unha serie de satélites artificiais da Unión Soviética lanzados entre 1968 e 1978 adicados á xeodesia.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Sfera foron os primeiros satélites soviéticos adicados á xeodesia para mellorar a precisión dos seus mapas. Os satélites tiñan forma cilíndrica e dispoñían de luces parpadeantes para poder ser fotografiados desde terra e localizalos cunha precións de entre 3 e 6 segundos de arco, permitindo precisións de entre 25 e 30 na determinación de distancias sobre a superficie terrestre. Tamén levaban a bordo un transmisor de radio que permitía determinar a velocidade dos satélites cunha precisión de 0,1 m/s mediante efecto Doppler. A órbita típica dos satélites Sfera era de 1200 km de altura cunha inclinación de 74º. Os satélites tiñan unha vida prevista de 6 meses, pero a maioría superárona. O sistema foi usado ata 1980, cando foron substituídos polos satélites Geo-IK. Lanzáronse un total de 18 satélites Sfera, todos eles mediante foguetes Kosmos 3M, cun deles non chegando a órbita por problemas do lanzador.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Sfera 1 | 20 de febreiro de 1968 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 2 | 4 de xuño de 1968 | Kosmos-3M | Fallo |
Sfera 3 | 30 de novembro de 1968 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 4 | 17 de marzo de 1969 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 5 | 24 de novembro de 1969 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 6 | 28 de abril de 1971 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 7 | 20 de novembro de 1971 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 8 | 25 de marzo de 1972 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 9 | 21 de decembro de 1972 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 10 | 8 de setembro de 1973 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 11 | 29 de abril de 1974 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 12 | 29 de agosto de 1974 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 13 | 12 de febreiro de 1975 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 14 | 24 de setembro de 1975 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 15 | 21 de xullo de 1976 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 16 | 25 de maio de 1977 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 17 | 24 de novembro de 1977 | Kosmos-3M | Éxito |
Sfera 18 | 26 de decembro de 1978 | Kosmos-3M | Éxito |