Shalom
Aparencia
Shalom (en lingua hebraica שָׁלוֹם, xeralmente traducido como paz) significa paz entre dúas entidades (xeralmente dúas nacións) ou a paz interior dun individuo. Tamén é utilizada como cumprimento dentro da comunidade xudía, á semellanza do salaam árabe.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra shalom deriva da raíz ש-ל-ם, que nas linguas semíticas aparece co sentido de ser completo, ser cheo ou ser pleno, aparecendo en diversos textos co sentido de paz, salvación e prosperidade de individuos e nacións.
Expresións
[editar | editar a fonte]Dentro da lingua hebraica, a palabra shalom é utilizada en diversas expresións:
- Shalom aleikhem (שָׁלוֹם עֲלֵיכֶם; literalmente "a paz sobre vós"), é a expresión completa do uso de shalom cando cumprimento, e é cognato ao árabe Assalamu Aleikum. A resposta a esta expresión é Aleikhem shalom.
- Shabbat shalom (שַׁבָּת שָׁלוֹם) cumprimento común usado no Shabat, sendo moi utilizado en comunidades Mizrahi, Sefaradi e en Israel. Algunhas comunidades asquenací empregan o termo yiddish Gut shabbes.
- Alav hashalom (עַלָיו הַשָּׁלוֹם; literalmente "sobre el a paz") é unha expresión usada nalgunhas comunidades xudaicas após mencionar o nome dunha persoa respectábel, equivalente ao árabe alayhi is-salaam).
Nomes
[editar | editar a fonte]Shalom é xeralmente utilizado como nome ou raíz de nomes dentro da comunidade xudaica, tendo como exemplo o rei Shlomo ou Salomón (שלומה).
Persoas coñecidas co nome de Shalom:
- Silvan Shalom (político), e súa esposa Judy Shalom Nir-Mozes.
- Sholom Aleichem (escritor yiddish).
- Shalom Harlow (modelo e actriz).
- Shalom Carmy (rabino).
- Shalom Shachna (rabino).
- Yosef Shalom Eliashiv (rabino).