Sheila Widnall
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1938 (86 anos) Tacoma, Estados Unidos de América |
Secretário da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) | |
6 de agosto de 1993 – 31 de outubro de 1997 | |
Secretário da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Director de tese | Mårten Landahl (en) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira, científica |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Raymond Pierrehumbert (pt) |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Bill Widnall |
Premios | |
|
Sheila Marie Evans Widnall, nada o 13 de xullo de 1938 en Tacoma, é unha investigadora aeroespacial estadounidense e Profesora Institucional no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi a primeira muller titular da Secretaría da Forza Aérea dos Estados Unidos entre 1993 e 1997 e a primeira muller en liderar unha rama enteira das Forzas Armadas dos Estados Unidos no Departamento de Defensa. Foi incorporada ao Salón Nacional da Fama das Mulleres en 2003.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Widnall graduouse no MIT cun título de ciencias en 1960, despois cun mestrado universitaria en ciencias en 1961, e cun Doutoramento en ciencias en 1964, todos en Aeronáutica. Foi elixida para ocupar a sede de Profesora "Abby Rockefeller Mauzé" de Aeronáutica e Astronáutica en 1986 e uniuse á División de Sistemas de Enxeñaría en 1986.[2][3] Foi Directora de Facultade entre 1979-1981 e foi Preboste Asociado do MIT entre 1992-1993. En 1988 foi a Presidenta da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia,[4] na que foi chave para a inclusión das mulleres na ciencia.
O 4 de xullo de 1993, ao estalar o Escándalo Tailhook, o entón Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton anunciou o seu nomeamento como Secretaria da Forza Aérea.[2] Durante o seu cargo tamén manexou o escándalo de Kelly Flinn.[5] Foi elixida á Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos en 1985, na que tamén serviu como vicepresidenta de 1998 a 2005. O 4 de outubro de 2009 Widnall recibiu o Premio Arthur M. Bueche Premio de parte desta mesma Academia.
Widnall foi un dos membros do do comité de investigación no accidente do transbordador espacial Columbia.
Investigación
[editar | editar a fonte]A investigación de Widnall enfocouse na mecánica de fluídos.[3] Entre os seus artigos máis citados atópanse temas acerca de turbulencia, modelos de inestabilidades, métodos numéricos para casos particulares de problemas de fluxo e modelos teórico-experimental de vórtices toroidais..
Widnall tamén avogou pola inclusión de mulleres nas áreas de ciencia, tecnoloxía e enxeñarías.
Premios
[editar | editar a fonte]Entre os recoñecementos que recibiu Widnall atópanse:
- 1972: Premio Lawrence Sperry ao Mérito, por parte do Instituto Estadounidense de Aeronáutica e Astronáutica
- 1975: Premio ao Desempeño Extraordinario, por parte da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras
- 1987: Premio Washburn, polo Museo de Ciencias de Boston
- 1993: Premio ao Servizo Distinguido, por parte da Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos
- 1996: Cidadá de Nova Inglaterra do Ano, polo Concello de Nova Inglaterra
- 2001: Medalla Espírito de San Luís, pola Sociedade Estadounidense de Enxeñeiros Mecánicos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Widnall, Sheila E.". National Women’s Hall of Fame (en inglés). Consultado o 2020-06-21.
- ↑ 2,0 2,1 Jehl, Douglas (1993-07-04). "M.I.T. Professor Is First Woman Chosen as Secretary of Air Force". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-06-21.
- ↑ 3,0 3,1 Vallespí, Teresa Claramunt, (2013). Mujeres en Ciencia y Tecnología. España: UNED - Universidad Nacional de Educación a Distancia. ISBN 978-84-362-6421-0. OCLC 960677051.
- ↑ "Science X Network :: Phys.org, Medical Xpress, Tech Xplore". sciencex.com. Consultado o 2020-06-21.
- ↑ Stout, David (1997-05-24). "'Part of Me Has Died,' Pilot Says in Apology". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-06-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BiografíaArquivado 11 de agosto de 2020 en Wayback Machine. en NASA
- Perfil en CNN
- Biografía no Centro Internacional de Mulleres
- Perfil académico Arquivado 15 de xullo de 2020 en Wayback Machine. no Departamento de Aeronáutica e Astronáutica do Instituto Tecnonlógico de Massachussets
- Sheila Widnall en C-SPAN