Shen Congwen
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1902 ![]() Fenghuang County (Dinastía Qing) ![]() |
Morte | 10 de maio de 1988 ![]() Pequín, República Popular da China ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Beijing ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Período de actividade | 1926 ![]() |
Empregador | Universidade de Beijing ![]() |
Movemento | Escola de Beijing ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Zhang Zhaohe (1933–1988) ![]() |
![]() ![]() |
Shen Congwen (chinés tradicional: 沈從文; chinés simplificado: 沈从文; pinyin: Shěn Cóngwén; Wade-Giles: Shen3 Ts'ung2-wen2), pseudónimo de Shen Yuehuan, nado en Fenghuang (Hunan) o 28 de decembro de 1902 e finado en Beijing o 10 de maio de 1988, foi un novelista do século XX, considerado un dos grandes escritores modernos da China. A diferenza doutros literatos da súa época, destacou por introducir elementos da cultura e da identidade rexionais. Na súa linguaxe, combinou o estilo vernáculo coas técnicas de escritura do chinés clásico. A súa obra máis coñecida é Biancheng 邊城 ("A cidade fronteiriza", 1934), que narra a historia de amor da neta dun vello barqueiro.[1]
Foi considerado para o premio Nobel de Literatura de 1988, mais faleceu antes de poder recibilo.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Shen Yuehuan naceu o 28 de decembro de 1902 na vila de Fenghuang (entón coñecida como Zhen'gan), no oeste da provincia de Hunan. Cara ao final da súa adolescencia, decidiu tomar o nome de Shen Congwen. Foi o cuarto dos nove fillos de Shen Zongsi, das etnias han e miao, e Huang Suying, do pobo tujia.[3] O seu avó paterno, Shen Hongfu, foi un heroe local e xeneral condecorado, nomeado comandante en xefe da provincia de Guizhou aos 25 anos de idade. Grazas á fama e fortuna do avó, Shen Congwen viviu nunha situación acomodada. Tras a fundación da República da China en 1912, o seu pai tentou ser elixido membro da asemblea provincial; porén, tivo que fuxir a Mongolia Interior tras o intento de asasinato do presidente Yuan Shikai (1859-1916). Shen Congwen mantivo en segredo a etnia dos seus pais até a década de 1980.[4]
Debido á ausencia do pai, a familia comezou a ter problemas económicos. A meirande parte das súas terras foron vendidas e, en 1917, tras graduarse da escola primaria, o escritor tivo que abandonar o fogar.[5] Uniuse á milicia local como reservista, para logo integrarse no rexemento de Yuanling (naquela época, Chenzhou),[6] onde traballou como oficinista.[7][8]
Educación
[editar | editar a fonte]Moitos escritores chineses da época tiñan unha educación esmerada, e algúns deles chegaron a estudar no estranxeiro, a miúdo no Xapón. Pola contra, Shen Congwen recibiu unha educación formal modesta.[9] Durante a súa infancia, tivo un titor particular na súa casa e despois ingresou nunha escola familiar privada. Porén, foi unha educación anticuada no estilo erudito clásico, que Shen adoito criticou como inútil e pouco interesante. En 1915, principiou a primaria na escola de Fenghuang, de onde se graduou en 1917.[10]
De neno, non lle gustaba a escola. Na súa autobiografía, afirmou que acostumaba a faltar a clase. Segundo Shen, esta experiencia conformou a base da súa posterior vida emocional e profesional:[11]
Tras aprender a usar os meus propios ollos para captalo todo neste mundo, para vivir no medio de toda a vida, achei na escola un aburrimento indescritibleShen Congwen
Esta visión da educación persoal é basilar na imaxe de Shen Congwen. Mo Yan, no seu discurso de aceptación do premio Nobel de Literatura de 2012, comparouse con Shen: "Deixei a escola cando era cativo, pasei moita fame, estaba sempre só, e carecía de libros para ler. Mais por estas razóns, como Shen Congwen, comecei dende novo a ler no gran libro da vida".[12]
En 1923, logo de cinco anos de servizo na milicia de Hunan, Shen mudouse a Beijing para realizar os estudos superiores. Porén, tras suspender os exames de acceso, decidiu estudar pola súa conta mentres asistía como oínte a clase na Universidade de Beijing.[13]
En 1949, apareceron no campus da universidade grandes pósteres que o criticaban por non apoiar a causa comunista. Sufrindo unha grave depresión e o ostracismo social, intentou suicidarse cortando as veas e a gorxa cunha folla de afeitar.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La linterna roja 2024.
- ↑ Kinkley 2004, p. xiv.
- ↑ Kinkley 1987, p. 291.
- ↑ Kinkley 1987, pp. 18-80.
- ↑ Shen 1982, pp. 3-5.
- ↑ Duzan 2010.
- ↑ Kinkley 1987, p. 22.
- ↑ 8,0 8,1 Liu 2012.
- ↑ Ministerio de Cultura da República Popular da China 2012.
- ↑ Kinkley 1987, pp. 31-32.
- ↑ Kinkley 1987, p. 32.
- ↑ Mo 2012.
- ↑ Louie & McDougall 1997, p. 126.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Duzan, Brigitte (2010). "Shen Congwen". www.chinese-shortstories.com (en francés).
- Kinkley, Jeffrey C. (1987). The Odyssey of Shen Congwen (en inglés). Stanford University Press. ISBN 9780804713726.
- Kinkley, Jeffrey C., ed. (2004). Selected Stories of Shen Congwen (en inglés). Chinese University Press. ISBN 9789629961107.
- La linterna roja (2024). "La ciudad fronteriza". www.lalinternaroja.com (en castelán).
- Liu, Alice Xin (2012). "Shen Congwen: A Letter". Granta (en inglés).
- Louie, Kam; McDougall, Bonnie S. (1997). The Literature of China in the Twentieth Century (en inglés). Columbia University Press. ISBN 9780231110846. OCLC 36865422.
- Ministerio de Cultura da República Popular da China (2012). "Prolific Writer: Shen Congwen". www.chinaculture.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012.
- Mo, Yan (2012). "Mo Yan - Nobel Lecture: Storytellers". www.nobelprize.org (en inglés).
- Shen, Congwen (1982). The Chinese Earth: Stories (en inglés). Columbia University Press. ISBN 9780231054843. OCLC 7948048.