Shibam
شبام (ar) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Iemen | |||
Subdivisões (pt) ![]() | Hadramaute (pt) ![]() | |||
Distrito (pt) ![]() | Shibam District (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 13.316 (2004) ![]() | |||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 683 m ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | |||
Data | 1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (v) ![]() | |||
En perigo | 2015 ![]() | |||
Identificador | 192 | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2d/%D9%85%D8%AF%D9%8A%D9%86%D8%A9_%D8%B4%D8%A8%D8%A7%D9%85.jpg/230px-%D9%85%D8%AF%D9%8A%D9%86%D8%A9_%D8%B4%D8%A8%D8%A7%D9%85.jpg)
Shibam (en árabe شبام) é unha pequena cidade do Iemen, situada na Gobernación de Hadramaut e poboada por uns 7.000 habitantes.[1] Existen datos da súa existencia dende o século II a. e. c. Foi en numerosas ocasións a capital do reino de Hadramaut.
Inscribiuse no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 1982.[2][3]
A cidade viuse afectada polas inundacións que arrasaron Iemen en 2008.[4][5] Malas xestións no seu manexo, ameazas naturais e o conflito armado acontecido durante o ano 2015, fixeron que o comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco inscribise ao sitio na lista de Patrimonio da Humanidade en perigo en xullo do ano 2015.[6]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A súa arquitectura con edificios de varios andares, feitos de adobe e separados por un labirinto de canellas estreitas, válelle o sobrenome de Manhattan do deserto ou "a máis antiga cidade de rañaceos do mundo". O método de construción dos edificios en terra crúa é ancestral, sendo os máis antigos que se conservan do século XVI.
A cidade é o exemplo máis antigo de planificación urbana baseada nos principios da construción vertical, un plano ben definido. Os edificios máis altos acadan os 16 andares e unha altura de até 40 metros, sendo o minarete, con 50 metros, o edificio máis alto da cidade. Para protexer as edificacións das inclemencias, as fachadas son recubertas cun baño espeso que hai que renovar regularmente.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Foi en Shibam onde o director italiano Pier Paolo Pasolini rodou a película As mil e unha noites estreada en 1974 en Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ciudad vieja amurallada de Shibam. Viajealpatrimonio.com.
- ↑ "Old Walled City of Shibam - UNESCO World Heritage Centre".
- ↑ "OCPM / Organización de las Ciudades del Patrimonio Mundial".
- ↑ "Medios locales elevan a 46 el número de fallecidos por las inundaciones en el país. Europapress.es".
- ↑ "Noticias de Prensa Latina - Inicio".[Ligazón morta]
- ↑ "Yemen’s Old City of Sana’a and Old Walled City of Shibam added to List of World Heritage in Danger". Unesco.org.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shibam |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Shibam na UNESCO (en inglés e en francés).