Shin-chan e o imperio dos carrozas
Shin-chan e o imperio dos carrozas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ モーレツ!オトナ帝国の逆襲 |
Director | Keiichi Hara |
Guión | Keiichi Hara Yoshito Usui |
Baseado en | Shin-chan de Yoshito Usui |
Intérpretes | |
Música | Toshiyuki Arakawa Shiro Hamaguchi |
Estudio | Shin-Ei Animation |
Distribuidora | Luk Internacional (Galicia) |
Estrea | ![]() |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Recadación | 10.392.896 dólares[1] |
Filme anterior | Shin-chan: Perdidos na xungla |
Filme seguinte | Shin-chan: O pequeno samurai |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Shin-chan e o imperio dos carrozas[2] (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ モーレツ!オトナ帝国の逆襲 Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Môretsu! Otona Teikoku no Gyakushû?) é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.
En galego, estreouse nos cinemas o 2 de febreiro do 2007 e saíu á venda en DVD o 20 de xuño do mesmo ano. Estreouse en liña o 11 de outubro de 2024 na plataforma do Xabarín Club.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O espectacular Parque do Século XX é un sitio ideal para que os adultos recuperen os momentos máis felices das súas vidas. Os seus creadores, Ken e Chako, son dous nostálxicos emperrados en reconstruír as formas de vida de antano. Para iso, crearon unha substancia que hipnotiza aos adultos e os atrae cara a unha cidade que recrea o século pasado.
O Exército de Kasukabe, liderado por Shin-chan, empeza unha nova misión: descubrir o que está a pasar e traer de volta aos adultos. Na súa aventura, agardan por eles perigos, situacións delirantes e acción sen freo.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2006.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
- Voces adicionais:
- ▪ Antonio Rey.
- ▪ Coté Sansegundo.
- ▪ Isabel Vallejo.
- ▪ Lucía Cid.
- ▪ Manolo Pombal.
- ▪ Patricia de Lorenzo.
- ▪ Xermana Carballido.
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 元気でいてね (Teño saúde e estou ben) interpretada por Sachiko Kobayashi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Shin Chan: The Adult Empire Strikes Back". Box Office Mojo. Consultado o 2020-10-12.
- ↑ xabarin.gal (ed.). "Shin-chan e o imperio dos carrozas en Xabarín TV". Consultado o 6 de novembro de 2024.
- ↑ @Fansubgalego, ed. (11 de outubro de 2024). "Shin-chan e o imperio dos carrozas. Xa dispoñible na App do Xabarin e en xabarin.gal". Consultado o 6 de decembro de 2021.