Shin Chan: E a costelada imposible
Shin Chan: E a costelada imposible | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 栄光のヤキニクロード |
Director | Tsutomu Mizushima |
Guión | Keiichi Hara Tsutomu Mizushima |
Música | Shiro Hamaguchi Toshiyuki Arakawa |
Estudio | Shin Ei Animation |
Distribuidora | Luk Internacional (Galicia) |
Estrea | 2003 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Shin Chan: A ambición do Kakafede |
Filme seguinte | Shin Chan: Chamábanlle Shin Chan |
Na rede | |
Shin Chan: E a costelada imposible (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 栄光のヤキニクロード Crayon Shin-chan: Arashi o Yobu Eikō no Yakiniku Road?) é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 2003.
En galego, saíu á venda en DVD o 23 de abril do 2008, sen ser proxectada nos cinemas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A familia Nohara prepara unha cea exquisita, xa que mercaron costeladas de primeira calidade. Pero a felicidade dúralles ben pouco porque a aparición dun ser estraño na súa casa antes do banquete ha ser o detonante para o seu peor pesadelo. Os Nohara son uns criminais! É a nova que fixo correr unha organización secreta chamada "A voz de Ouro". Os Nohara son acusados pola rúa, os seus amigos delátanos... E deciden fuxir para dar coa clave do misterio.
A Organización secreta posúe un amplo arsenal de unidades especiais, que perseguen aos Nohara por terra, aire e mar ata que a súa fuxida os conduce a unhas termas romanas na cidade de Atami, logo de persecucións frenéticas, humor descarado e as tolas ideas de Shin Chan!
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2008.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Shin Chan Nohara | Ana Lemos | Akiko Yajima |
Misae Nohara | Charo Pena | Miki Narahashi |
Hiroshi Nohara | Matías Brea | Keiji Fujiwara |
Himawari Nohara | Helena Amoedo | Satomi Koorogi |
Kazama | Teresa Santamaría | Mari Mashiba |
Masao | Ana Ouro | Teiyu Ichiryusai |
Boo-chan | Alicia Taboada | Chie Sato |
Señorita Yoshinaga | Nora Abad | Yumi Takada |
Señorita Matsuzaka | Beatriz García | Michie Tomizawa |
Señorita Ageo | Alicia Taboada | Kotono Mitsuishi |
Director "Mafioso" | Alfonso Valiño | Rokuro Naya |
Nevado | Montse Davila | Mari Mashiba |
Michi | Isabel Vallejo | Fumie Kusachi |
Yoshirin | Andrés Bellas | Daisuke Sakaguchi |
Nanako | Chelo Díaz | Sayuri |
Ultraheroe | Óscar Fernández | Tesho Genda |
Mimiko | Teresa Santamaría | Etsuko Kozakura |
Veciña Kitamoto | Lucía Cid | Reiko Suzuki |
Profesor | Xoán Carballido | Hisao Egawa |
Coronel Togashima | Xavier Perdiz | Natsuo Tokuhiro |
Amagi | Chelo Díaz | Junko Minagawa |
Shitada | César Cambeiro | Masashi Ebara |
Xefe de "A voz de Ouro" | Xosé Manuel Rodríguez | Unsho Ishizuka |
- Voces adicionais:
- ▪ Andrés Bellas.
- ▪ Manolo Pombal.
- ▪ Monti Castiñeiras.
- ▪ Paco Barreiro.
- ▪ Óscar Fernández.
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é こんな時こそ焼肉がある (Só se temos unha churrascada así) interpretada polos actores de dobraxe xaponeses da familia Nohara: Akiko Yajima (Shin Chan), Miki Narahashi (Misae) e Keiji Fujiwara (Hiroshi).