Saltar ao contido

Shin Chan: Na procura das bólas perdidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shin Chan: Na procura das bólas perdidas
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん 暗黒タマタマ大追跡
DirectorKeiichi Hara
ProdutorHitoshi Mogi
Kenji Ōta
Takashi Horiuchi
GuiónKeiichi Hara
Baseado en"Shin-chan" de Yoshito Usui
MúsicaToshiyuki Arakawa
Shinji Miyazaki
FotografíaToshiyuki Umeda
MontaxeHajime Okayasu
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraXapón Toho (Xapón)
Galicia Luk Internacional (Galicia)
EstreaXapón 19 de abril de 1997
Galicia 27 de xuño de 2003
Duración95 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme seguinteShin Chan: A invasión
Na rede
IMDB: tt0406672 Filmaffinity: 423573 Editar o valor en Wikidata

Shin Chan: Na procura das bólas perdidas (クレヨンしんちゃん 暗黒タマタマ大追跡 Crayon Shin-chan Ankoku Tamatama Daitsuiseki?) é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 1997.

En Galicia, a película estreouse nas salas galegas o 27 de xuño do 2003[1][2][3][4] e saíu á venda en DVD o 5 de novembro do mesmo ano.

As bólas perdidas son uns obxectos cun gran poder que, reunidos, poden desatar o caos no mundo. Dúas bandas rivais - os Perendengues e os Mariolas - buscan facerse co control das bólas. Os primeiros queren invocar ao Maligno e os segundos pretenden evitar que o mal se estenda por tódolos sitios.

Unha casualidade fai que unha das bólas chegue ás mans de Shin Chan, o que provoca que a súa familia se teña que aliar cunha aprendiz de policía sen sentido da puntaría e coa banda dos Mariolas, formada por tres estrambóticos travestís. A banda dos Perendengues está formada por unhas ximnastas sen escrúoulos armadas con cintas letais de ximnasia rítmica que están comandadas por unha anciá e por un tipo moi misterioso. A fuxida levaráos a un peculiar bar de copas, a uns baños públicos e ao parque de atraccións abandonado dos Mariolas.

Alí, un grupo de samurais decrépitos defenderá o honor dos Mariolas e tentará evitar que o tipo misterioso reúna as dúas bólas, invoque ao maligno e controle o destino do planeta. Pero cando parece que o mundo está condenado, xorde alguén impredicible quen de estragar calquera proxecto... O mesmiño Shin Chan!

  • Ano de gravación: 2003
  • Estudio: Sodinor, S.A. (Vigo)
  • Directores e axustadores: Alfonso Valiño e Matías Brea
  • Tradución: María Alonso Seisdedos
  • Técnico de mesturas: Kevi Aragunde
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor orixinal
(Xapón)
Actor de dobraxe
(GaliciaGalicia)
Shin Chan Nohara Akiko Yajima Ana Lemos
Misae Nohara Miki Narahashi Charo Pena
Hiroshi Nohara Keiji Fujiwara Matías Brea
Rosa Daisuke Gori Antón Olmos
Lima Shinya Ootaki Antón Ja
Lavanda Kaneto Shiozawa César Cambeiro
Raíña dos Perendengues Keiko Yamamoto Ana Maciñeiras
Satake Fumihiko Tashiki Carlos Reboreda
Hecson Jun Azumi Luís Iglesia
Maho Saeko Shimazu Beatriz García
Ione Yuriko Yamamoto Isabel Vallejo
Himawari Satomi Korogi Helena Amoedo
Nai de Rosa Ako Mayama Lucía Cid
Debuxante Yoshito Usui Manuel Pombal
Kazama Mari Mashiba Teresa Santamaría
Nene Tamao Hayashi Montse Davila
Boo-chan Chie Sato Alicia Taboada
Señorita Yoshinaga Yumi Takada Nora Abad
Señorita Matsuzaka Michie Tomizawa Beatriz García
Director "Mafioso" Rokuro Naya Alfonso Valiño
  • Voces adicionais:
▪ Andrés Bellas
▪ Juan Diéguez
Antonio Mourelos
▪ Paco Barreiro
▪ Antón Ja

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é エンディング (A canción de Himawari) interpretada por Kazuo Kaitsu. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.

  1. "La Voz de Galicia". Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  2. "Vieiros: Galiza Hoxe - Estréase en Vigo a peli de Shin Chan". burlanegra.vieiros.com. Consultado o 2024-11-26. 
  3. "La Voz de Galicia". Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  4. "Consello da Cultura Galega" (PDF). Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  5. "Shin Chan: Na procura das bólas perdidas". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2024-11-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]