Shitao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1642 Guilin, República Popular da China (pt) |
Morte | 1707 Yangzhou, República Popular da China |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | Pintor e calígrafo |
Xénero artístico | Arte de paisaxes |
Profesores | Zhu Da (pt) |
Pseudónimo literario | Jüan-ťi Čchao-ťi Kchu-kua che-šang Š-tchao |
Familia | |
Familia | Dinastía Ming |
Pai | Zhu Hengjia |
Descrito pola fonte | Qingdai Xuezhe Xiangzhuan (en) Obálky knih, Seven Hundred Eminent People of the Qing Dynasty (en) , (p.1836) |
Shitao (chinés tradicional: 石濤; chinés simplificado: 石涛; pinyin: Shí Tāo; Wade-Giles: Shih2-t'ao1), nome de nacemento Zhu Ruoji (朱若極), nado en Quanzhou, Guangxi en 1642 e finado en 1707, foi un pintor e calígrafo chinés da dinastía Qing.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shitao tiña sangue real, xa que a súa familia descendía do irmán máis vello de Zhu Yuanzhang, fundador da dinastía Ming da China. Shitao tivo que fuxir ao instaurarse a dinastía Qing cando tan só era un neno, salvou a súa vida coa axuda duns serventes da familia. Desde entón creceu no anonimato. Para sobrevivir, foi refuxiado nuns mosteiros.
Shitao seguiu os ensinos do zen pero tamén se afeccionou aos pensamentos de Laozi e de Zhuangzi. Sobre todo na súa idade avanzada tivo ocasión de ser un fiel do daoísmo.[1][2][3]
Polo seu talento como pintor e investigador da teoría da arte, Shitao ocupa un lugar moi importante na historia artística da China. Un dos principios básicos do pensamento de Shitao é o trazo único de pincel. O estilo de Shitao revolucionou a pintura chinesa, rompendo cos estilos tradicionais e o estilo da época.[2][3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O Pavillón dos Pinos contra a primavera (1675), colección do Museo de Shanghai.
-
Reminiscencias de Qin-Huai, Museo de Arte de Cleveland.
-
Os montes Jinting en outono.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Discurso acerca de la pintura por el monje Calabaza Amarga (2012). Tradución mediada do francés de María Lecea. Editorial da Universidade de Granada.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Shitao - Monochrome, Landscapes, Calligraphy - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-02-06.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Hay, Jonathan (2001-02-19). Shitao: Painting and Modernity in Early Qing China (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-39342-3.
- ↑ 3,0 3,1 Coleman, Earle J. (2012-01-02). Philosophy of Painting by Shih-T'ao: A Translation and Exposition of his Hua-P'u (Treatise on the Philosophy of Painting) (en inglés). Walter de Gruyter. ISBN 978-3-11-080992-3.
- ↑ "Discurso acerca de la pintura por el monje Calabaza Amarga — 苦瓜和尚画语录 (Ku Gua Heshang Hua Yulu) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2024-02-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Shitao (La literatura china traducida en España)