Shogunato Tokugawa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
江戸幕府 (ja) 徳川幕府 (ja) | |||
Epónimo | Clã Tokugawa (pt) e Edo | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Circuíto | Tōsandō (pt) | ||
Provincia histórica | Provincia de Musashi | ||
Capital | Edo | ||
Poboación | |||
Lingua oficial | Early Modern Japanese (en) | ||
Relixión | budismo e Xintoísmo | ||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Fundador | Tokugawa Ieyasu | ||
Creación | 24 de marzo de 1603 | ||
Disolución | 9 de novembro de 1867 | ||
Sucedido por | Governo Meiji (pt) | ||
Organización política | |||
Forma de goberno | monarquía hereditaria | ||
• Xefe de estado | Tokugawa Ieyasu (1603–1605) Tokugawa Hidetada (pt) (1605–1623) | ||
Moeda | Moeda Tokugawa | ||
O shogunato Tokugawa (徳川幕府 Tokugawa bakufu?) tamén coñecido como shogunato Edo ou polo seu nome orixinal en xaponés, bakufu Edo (江戸幕府 Edo bakufu?) foi o terceiro e último shogunato que detiña o poder en todo o Xapón; os dous últimos foron o shogunato Kamakura (1192 - 1333) e o Ashikaga (1336 - 1573). Este shogunato foi instaurado polo shōgun Tokugawa Ieyasu, fundador do shogunato Tokugawa (徳川氏 Tokugawa-shi?) e descendente do clan Matsudaira, o 24 de marzo de 1603 (que corresponde ao 12.º día do segundo mes do ano 8 da era Keichō no calendario tradicional xaponés).
Durante o período dos shogunatos, había unha especie de ditadura militar especialmente sometido ao Emperador do Xapón. O xogún, convertido en xefe xeral das forzas armadas do Xapón, tiña o poder militar e político do país; mentres que ao Emperador fóronlle atribuídos poder espiritual e relixioso, como un modo de ligazón entre as persoas e os deuses, e poder nominal na Corte Imperial en Kyoto. Esta situación era análoga, en parte, á dominante no universo político europeo durante a Idade Media, cando o Sacro Emperador Romano-Xermánico detiña o poder político e militar, e o Papa, o poder relixioso.
Quince xogúns administraron o poder do clan Tokugawa e o país por 264 anos, subordinando os outros clans a troco dun poder secundario ou provincial. Neste período, o clan é coñecido por adoptar unha política que centralizou e unificou o país devastado polas guerras da antiga era Sengoku, e logrou establecer un sistema de clases na sociedade xaponesa. Tamén ficou coñecido por adoptar unha postura de illamento absoluto fronte ao resto do mundo (Sakoku), o que levou á prohibición e expulsión de estranxeiros e a eliminación de influencias externas, por calquera medio. Tal foi o caso do exterminio dos cristiáns durante o shogunato, así como outras resolucións drásticas, cuxo obxectivo era manter o equilibrio de poder no Xapón.
O poder nominal do shogunato estaba na cidade de Edo (actual Tokio), ao contrario do poder imperial, establecido en Kyoto. Así, este período de dominio do shogunato Tokugawa ficou coñecido como período Edo ou período Tokugawa.
Este período terminou baixo múltiples presións coa entrega do poder de Tokugawa Yoshinobu para o Emperador Meiji, o 9 de novembro de 1867 (o que corresponde a 14.º día do décimo mes do ano 3 da era Keiō no calendario tradicional xaponés). A partir de entón, o shogunato foi abolido e o Emperador obtivo o poder militar e político do país, desencadeando a Restauración Meiji que transformaría radicalmente o país durante o resto do século XIX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shogunato Tokugawa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kondo, Agustín Y. Japón: Evolución histórica de un pueblo (hasta 1650). Ed. Nerea. Edición 1999. ISBN 84-89569-39-8. (en castelán)
- Hall, J. W. El imperio japonés. Historia Universal Século XXI, Madrid, 1993 (1ª edición, Frankfurt, 1968) (en castelán)
- Collcut; Jansen; Kumakura. Japón. El imperio del sol naciente. Atlas Culturales del Mundo, Ediciones Folio, Barcelona, 1995 (en castelán)
- Mikiso, H. Breve historia de Japón'. Alianza Editorial, Madrid, 2003 (1ª edición, 2000) (en castelán)
- Buruma, I., La creación de Japón, 1853-1964. Mondadori, Barcelona, 2003 (en castelán)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Japan: Memoirs of a Secret Empire. Século XVI, Século XVII, Século XVIII, Século XIX. (en inglés)