Saltar ao contido

Shohini Ghose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShohini Ghose

Editar o valor en Wikidata
Biografía
EducaciónMiami University (en) Traducir
Universidade do Novo México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora, astrofísica, física Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWilfrid Laurier University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

TED: shohini_ghose Editar o valor en Wikidata

Shohini Ghose é unha física cuántica e profesora de Física e Informática na Universidade Wilfrid Laurier.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi presidenta da Canadian Association of Physicists (2019-2020), [2] coeditora xefa do Canadian Journal of Physics, [3] e directora do Centro Laurier para as Mulleres na Ciencia.[1] Foi nomeada Bolseira TED en 2014[4] e Fellow Senior de TED en 2018.[5] En 2019 apareceu no programa de televisión Star TV TED Talks India Nayi Baat presentado por Shah Rukh Khan.[6] En 2017 foi elixida membro do College of New Scholars, Artists and Scientists da Royal Society of Canada.[7] O seu libro Clues to the Cosmos publicouse na India en decembro de 2019. En 2020, foi seleccionada como Cátedra NSERC de Mulleres en Ciencia e Enxeñaría.[8]

É a autora de Her Space, Her Time: How trailblazing women scientists decoded the hidden universe onde "explora temas como o tempo, a exploración espacial e as partículas subatómicas e destaca as contribucións de mulleres como Henrietta Leavitt, Margaret Burbidge, Mary Golda Ross, Marietta Blau, Hertha Wambacher e Bibha Chowdhuri en descubrimentos que van desde o big-bang e o calendario cósmico ata os fundamentos do universo, incluíndo a chegada a Lúa".[9]

  1. 1,0 1,1 "Dr. Shohini Ghose". Consultado o 2019-11-17. 
  2. "Home" (en inglés). Consultado o 2019-11-17. 
  3. "Canadian Journal of Physics". Consultado o 2019-11-17. 
  4. "TED Fellows Program" (en inglés). Consultado o 2019-11-17. 
  5. "Laurier Professor Shohini Ghose named TED Senior Fellow | Wilfrid Laurier University". Consultado o 2019-11-17. 
  6. "TED Talks India Nayi Baat" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-17. 
  7. "Laurier professors selected for the College of New Scholars, Artists and Scientists of the Royal Society of Canada | Wilfrid Laurier University". Consultado o 2019-11-17. 
  8. "Laurier quantum physicist selected as NSERC Chair for Women in Science and Engineering | Wilfrid Laurier University". Consultado o 2023-10-16. 
  9. Stadler, Marta Macho (2024-05-25). "Su espacio, su tiempo" (en castelán). Consultado o 2024-08-25.