Shulamith Firestone
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Shulamith Bath Shmuel Ben Ari Feuerstein 7 de xaneiro de 1945 Otava, Canadá |
Morte | 28 de agosto de 2012 (67 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo ortodoxo |
Educación | Universidade Washington em St. Louis (pt) School of the Art Institute of Chicago (en) Telshe yeshiva (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Movimento feminista (pt) , feminismo e actividade literaria |
Ocupación | escritora, activista polos dereitos das mulleres, filósofa |
Movemento | Freudomarxismo e feminismo radical |
Obra | |
Obras destacables | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Shulamit Firestone, nada en Otava o 7 de xaneiro de 1954 e finada en Nova York o 28 de agosto de 2012, foi unha pensadora e activista do feminismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a segunda dos seis fillos dunha familia xudía ortodoxa. Asistiu a unha escola rabínica e máis tarde graduouse en pintura no School of the Art Institute of Chicago. En 1967 mudouse a Nova York, onde fundou o New York Radical Woman e comezou a escribir ensaios sobre os dereitos das mulleres e o poder feminino. Liderou grupos e actividades pola liberación feminina nesa cidade e en Chicago, como a denominada Blue Stockings Society e, tras abandonala, a New York Radical Feminist.
A súa obra de 1970 The Dialectic of Sex foi bandeira da denominada "segunda onda" do feminismo. Nela acolle ideas da psicanálise de Sigmund Freud e Wilhelm Reich así como dos clásicos do marxismo para sentar as bases dunha nova ideoloxía feminista liberadora dos condicionantes biolóxicos, sociais e culturais que teñen anulada á muller na sociedade capitalista occidental.
A súa delicada saúde mental condicionou a súa vida ata que apareceu morta no seu apartamento onde vivía recluída de xeito asocial nunha loita de décadas contra a súa esquizofrenia.
Pensamento
[editar | editar a fonte]A cópula, o embarazo o parto e a lactación son condicionantes biolóxicos que escravizan a muller e sobre os cales se impón unha sociedade patriarcal estruturada sobre a dominación masculina. Por iso a defensa do dereito ao aborto é ferramenta imprescindible e fundamental da liberación da muller.
Avoga pola cibernética para unha fertilización en laboratorios que ceibe á muller das súas cadeas biolóxicas e lle permita subvertir a orde establecida pola sociedade patriarcal e falocéntrica. É necesario que os homes se encarguen da crianza dos meniños ata que se rache coa familia biolóxica mediante unha sociedade de comunas que controle comunitariamente a fertilidade humana e onde as diferenzas xenitais non supoñan diferenzas inducidas culturalmente. Igual que a sociedade socialista se acada mediante a revolta da clase traballadora dominada e a súa ditadura para controlar os medios de produción, a sociedade patriarcal debe ser derrotada mediante a revolta da clase feminina dominada co fin de que esta acade o poder para controlar os medios de reprodución.
Unha das súas ideas controvertidas foi a ruptura do tabú do incesto e a apoloxía da pederastia ao defender que a idade de iniciación sexual humana non debe guiarse por criterios de idade (nin xénero, nin clase, nin raza).