Shum
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1897 ![]() Sant Martí de Maldà, España ![]() |
Morte | 28 de agosto de 1967 ![]() Cuernavaca, México ![]() |
Actividade | |
Ocupación | debuxante, caricaturista, ilustrador ![]() |
Alfons Vila i Franquesa, coñecido como Shum, nado en Sant Martí de Maldà (provincia de Lleida) o 19 de novembro de 1897 e finado en Cuernavaca (México) o 28 de agosto de 1967[1], foi un debuxante e caricaturista catalán. Outros pseudónimos que usou foron Joan Baptista Acher e L'artista de les mans trencades (O artista das mans rotas). A súa militancia anarquista provocou varios encarceramentos e o exilio ao final da Guerra civil española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Publicou en Solidaridad Obrera, Justícia Social, La Campana de Gràcia, L'Opinió, La Humanitat, Rambla, L'Esquella de la Torratxa, Papitu, ou Visca!, entre outros.[2]
En outubro de 1922 [3] foi condenado a morte pola súa participación nun intento de asasinato contra o xeneral Martínez Anido. e a explosión que se produciu mentres se manipulaban artefactos, que provocou a destrución do edificio e a morte de cinco persoas na rúa Toledo de Barcelona. A condena provocou unha campaña solidaria que reclamaba a abolición da pena de morte, na que participaron figuras tan destacadas como Màxim Gorki, Errico Malatesta, Santiago Ramón y Cajal, Valle-Inclán e especialmente a escritora Concha Espina, quen persoalmente reclamou o indulto ao directorio militar. [4] A campaña tamén incluíu unha exposición monográfica dos seus debuxos no Ateneu Enciclopèdic Popular. [5] Luís Seoane pronunciou unha conferencia de apoio a Shum e Bagaría no Centro republicano de Santiago.[6]
A condena foi finalmente conmutada por cadea perpetua, e foi indultado en 1931, con Victoria Kent como directora xeral de prisións da República. [7]
En 1934 foi nomeado membro da Junta de Museos de Barcelona. Formou parte do Grupo dos Seis xunto con Helios Gómez, Alfred Pascual i Benigani, Marcel·lí Porta i Fernanda, Lluís Elias i Bracons e Josep Bartolí i Guiu e participou na Unión de Ilustradores Profesionais.[2]
Loitou na fronte durante a guerra civil e exiliouse en Francia ao remate do conflito. Máis tarde viviu na República Dominicana [8] Cuba, Estados Unidos e finalmente en Cuernavaca, México, onde morreu.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O estudo Shum. El dibuixant anarquista (Shum. O artista anarquista) contén textos de Josep Maria Cadena, Lluis Solà e Jaume Capdevila. A través del pódese reconstruír as peculiares vicisitudes da vida deste home inclúen unha traxectoria tan breve e catastrófica no anarquismo barcelonés, seguida da súa fuxida de España e o seu paso por distintos países para desembarcar en México, onde morreu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Shum". humoristan.org. Consultado o 25-1-2022. (en catalán).
- ↑ 2,0 2,1 Capdevila i Herrero, Jaume (2010). "Dibuixants am l'esquerra" (PDF). Gazeta: 43-53. (en catalán).
- ↑ "Shum". Fundación Acin. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 25-1-2022.
- ↑ José María García de Tuñón Aza (ed.). "Concha Espina, escritora universal". Nodulo.org. (en castelán).
- ↑ Joan Sacs (6 de setembre de 1924). "Shum". La Publicitat.
- ↑ "Luis Seoane Catalogo Razonado". www.luisseoanecatalogorazonado.com.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ Arquivo (18 de febreiro de 2000). "Indulto a Shum". El Periódico: 8. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
- ↑ Petició permís de residència a República Dominicana. Foto i firma (en inglés) [Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Josep Maria Cadena, Jaume Capdevila e Lluís Solà (2019). Shum. El dibuixant anarquista, Diminuta, Barcelona. ISBN 9788494637612 (en catalán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Alfons Vila i Franquesa, ‘Shum’ [Ignacio C. Soriano] – Ser Histórico (serhistorico.net) (en castelán).