Saltar ao contido

Shuriken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shuriken do período Edo.

Un shuriken ( en xaponés :手裏剣, literalmente 'folla de man oculta' )  é unha arma oculta tradional xaponesa usada por samurais, ninjas ou nas artes marciais como puñal escondido ou metsubushi para distraer ou desviar.[1][2]

Os shuriken tamén son coñecidos como estrelas ou estrelas ninja, orixinalmente foron deseñados de moitas formas diferentes. As principais variedades de shuriken son o bō shuriken (棒手裏剣, shuriken de vara) e o hira shuriken (平手裏剣, shuriken plano) ou shaken (車剣, shuriken de rodas, tamén lido como kurumaken).

A arte de manexar o shuriken coñécese como shurikenjutsu [3] e foi ensinada como unha parte menor do currículo de artes marciais de moitas escolas famosas, como Yagyū Shinkage-ryū, Tenshin Shōden Katori Shintō-ryū, Ittō-ryū, Kukishin-ryū e Togakure-ryū.[2][4]