Saltar ao contido

Sidney Moncrief

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSidney Moncrief

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Sidney Alvin Moncrief Editar o valor en Wikidata
21 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Little Rock, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaArcansas
Little Rock Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Arkansas (pt) Traducir
Hall High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto, comentarista deportivo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata - 1991 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Fort Worth Flyers
Atlanta Hawks
Little Rock Trojans men's basketball
1975–1979 Arkansas Razorbacks men's basketball
1979–1989 Milwaukee Bucks (Base, Escolta)
Participou en
1977Universíada de Verão de 1977 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sidney A. Moncrief, nado o 21 de setembro de 1957 en Little Rock (Arcansas), é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto profesional estadounidense. Como xogador caracterizouse por ser un excelente defensor, xogando de base ou escolta, con 1,82 metros de altura. Na actualidade é o adestrador do equipo Fort Worth Flyers da NBA Development League.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Durante 4 anos pertenceu ao persoal da Universidade de Arcansas, cos cales chegou, no ano 1978, á Final Four da NCAA. Ao longo da súa carreira universitaria, promedió 16,9 puntos, 8,3 rebotes e 2 asistencias por partido.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 5ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1979 polos Milwaukee Bucks, equipo no que desenvolveu practicamente toda a súa carreira, permanecendo durante 10 tempadas. Caracterizouse polo seu excelente defensa e polo seu poder anotador. Foi elixido Mellor Defensor da liga en dúas ocasións, e elixido no mellor quinteto defensivo da NBA en 4 ocasións. O seu poder anotador demóstrase ao acabar durante 4 tempadas con máis de 20 puntos por partido.

Tras pasar un ano en branco por culpa das lesións, regresou ás canchas en 1990 coa camiseta dos Atlanta Hawks, na que sería a súa última tempada. Durante once campañas na NBA fixo 15,6 puntos, 4,7 rebotes e 3,6 asistencias por partido.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

En 2006 volveu ter relación co baloncesto, ao facerse cargo como adestrador dos Fort Worth Flyers, equipo da NBA Development League, cargo que desempeña na actualidade.

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
  • Elixido en 5 ocasións para disputar o All-Star Game.
  • Elixido Mellor Defensor en 1983 e 1984.
  • Elixido no mellor quinteto da NBA en 1983 (4 veces máis no segundo).
  • Elixido no mellor quinteto defensivo da NBA en 4 ocasións (1 no segundo).
  • A súa camiseta co número 4 foi retirada polos Milwaukee Bucks como homenaxe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]