Silo (depósito)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Silo.
Un silo (do grego σιρός - siros, "burato para conservalo gran") é unha construción deseñada para gardar gran e outros materiais a granel; son parte integrante do ciclo de aprovisionamento da agricultura.
Os máis comúns teñen forma cilíndrica, asemellándose a unha torre, construída de madeira, formigón armado ou metal. O deseño, inventado por Franklin Hiram King, emprega polo xeral un aparello mecánico para a carga e descarga dende a parte superior.
Actualmente o deseño orixinal para a agricultura adaptouse a outros usos na industria, empregándose silos para depósito de materiais diversos, como o cemento, e tamén se adaptaron ó eido militar, empregándose silos para depósito e manexo de mísiles.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silo |