Silvia Fernández de Gurmendi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1954 (70 anos) Provincia de Córdoba, Arxentina |
3ª President of the International Criminal Court (en) | |
11 de marzo de 2015 – 11 de marzo de 2018 ← Song Sang-Hyun (en) – Chile Eboe-Osuji (pt) → | |
Judge of the International Criminal Court (en) | |
20 de xaneiro de 2010 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires Universidade Nacional de Córdoba (pt) |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, avogada, xuíza, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Buenos Aires |
Premios | |
|
Silvia Alejandra Fernández de Gurmendi, nada o 24 de outubro de 1954, é unha avogada, xuíza e diplomática arxentina, que desde 2010 integra a Corte Penal Internacional e presidiuna entre 2015 e 2018.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade de Córdoba e a Universidade de Limoges, e obtivo posteriormente un doutoramento na Universidade de Buenos Aires. Ingresou no servizo exterior en 1989, entre 1994 e 2000 foi conselleira legal da delegación arxentina nas Nacións Unidas e en 2006 traballou como Directora Xeral de Dereitos Humanos no ministerio de Relacións Exteriores e Culto.[1][2] Á súa vez, representou a Arxentina na Comisión Interamericana de Dereitos Humanos e a Corte Interamericana de Dereitos Humanos.[3]
En novembro de 2009. foi elixida como xuíza na división de Cuestións-Preliminares da Corte Penal Internacional, destinada a xulgar o xenocidio e os crimes de agresión, de guerra e contra a humanidade. En marzo de 2015 foi elixida para presidir a corte até 2018.[1][2][3] Previamente fora vicepresidenta da conferencia que decidiu a súa creación en 1998 e coordinara a División de Competencia, Complementariedade e Cooperación da fiscalía.[4]
No ámbito académico traballou como profesora da Universidade de Buenos Aires, a Universidade de Palermo e actualmente faio na Universidade Americana.[4][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Carbajal, Mariana (19 de novembro de 2009). "“Compromiso con los DD.HH.”". Página 12. Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Una jueza argentina presidirá la Corte de La Haya". Clarín. 11 de marzo de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Judge Silvia Alejandra FERNÁNDEZ DE GURMENDI (Argentina)" (en inglés). International Criminal Court. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Silvia Fernández de Gurmendi, Jueza de la Corte Penal Internacional expuso en la UP" (en castelán). Universidad de Palermo. Consultado o 12 de marzo de 2015.