Simbo
Tipo | montaña illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Nova Xeorxia | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Salomón | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Salomón | ||||
Características | |||||
Altitude | 335 m | ||||
Superficie | 13 km² | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
1910 | Erupción volcánica | ||||
2 de abril de 2007 | terremoto | ||||
Simbo é unha illa volcánica do arquipélago Illas Nova Xeorxia na provincia Occidental das Illas Salomón. Ten unha superficie de 13 km² e o punto máis alto está de 335 m. de altura.
Sábese que os primeiros europeos cñecerona como a illa de Eddystone.[1] Simbo en realidade son dúas illas principais, unha pequena illa que se chama Nusa Simbo separada por unha lagoa de auga salada dunha máis grande. Colectivamente, as illas son coñecidas pola poboación local como Mandegugusu, mentres que no resto das illas Salomón denomínanse Simbo.[2] Simbo ten un volcán activo chamado Ove e varias lagoas de auga salada e un lago de auga doce.
A última erupción do volcán tivo lugar en torno a 1910. Fumarolas, e augas termais son a evidencia da actividade volcánica en curso.
O 2 de abril de 2007 Simbo foi golpeada por un terremoto e un tsunami que agora se coñece como o terremoto das Illas Salomón de 2007. Os 12 m. do tsunami destruíu dúas aldeas na parte norte da illa e matou a 10 persoas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simbo |