Simin Behbahani
![]() (2007) ![]() | |
Nome orixinal | (fa) سیمین بهبهانی ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fa) Siminbar Khalili ![]() 20 de xullo de 1927 ![]() Teherán, Irán ![]() |
Morte | 19 de agosto de 2014 ![]() Teherán, Irán ![]() |
Lugar de sepultura | Behesht-e Zahra (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Teherán ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía ![]() |
Ocupación | poetisa, letrista, escritora, compositora de cancións ![]() |
Período de actividade | 1941 ![]() ![]() |
Familia | |
Pais | Abbās Khalili ![]() ![]() |
Parentes | Jaʻfar al-Khalili, tío paterno Abolhassan Tahami Nejad, xenro ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Simin Behbahani (persa: سیمین بهبهانی, tamén transcrito como Bihbahani), nada en Teherán o 20 de xullo de 1927 e finada na mesma cidade o 19 de agosto de 2014, foi unha escritora e activista iraniana. É coñecida pola súa obra poética no estilo ghazal. Foi unha icona da poesía persa moderna, e da intelligentsia e a literatura iraniana, coñecida como "a leoa de Irán".[1][2] Foi nomeada dúas veces ao Premio Nobel de Literatura, en 1999 e 2002, e recibiu diversos recoñecementos en todo o mundo[3], como o Premio de Poesía Janus Pannonius do PEN Club de Hungría en 2013[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simin Behbahani, nada co nome de Simin Khalili (persa: سیمین خلیلی)[5] (سيمين خليلی), foi a filla de Abbās Khalili (عباس خلیلی), poeta, escritor e editor do xornal Eghdām ("Acción"), e Fakhr-e Ozmā Arghun (فخرعظمی ارغون), poeta e profesora de lingua francesa. Comezou a escribir poesía aos doce anos, e publicou o seu primeiro poema aos catorce. Usou o estilo "Char Pareh" de Nima Yooshij, e despois comezou a escribir ghazal. Behbahani contribuíu a un desenvolvemento histórico do xénero engadindo elementos teatrais e eventos e conversas cotiás ao estilo da poesía ghazal, expandindo o uso do verso tradicional persa.
Obra
[editar | editar a fonte]- Seh-tar-e Shekasteh ("O laúde roto", 1951)
- Ja-ye Pa ("A pegada", 1954)
- Chelcheragh ("Candelabro", 1955)
- Marmar ("Mármore", 1961)
- Rastakhiz ("Resurrección", 1971)
- Khatti ze Sor'at va Atash ("Unha liña de velocidade e lume", 1980)
- Dasht-e Arzhan ("Chaira de Arzhan", 1983)
- Kaghazin Jameh ("Vestido de papel", 1992)
- Yek Daricheh Azadi ("Unha fiestra de liberdade", 1995)
- Shayad ke Masihast ("Quizais é o mesías", 2003; escolma bilingüe, traducido ao inglés por Ali Salami)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martin, Douglas (21 de agosto de 2014). "Simin Behbahani, Outspoken Iranian Poet, Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ Keshavarz, Fatemeh (13 de xullo de 2007). "Banishing the Ghosts of Iran". The Chronicle Review of Higher Education. p. B6. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Mike Shuster (17 de marzo de 2010). "Tehran Halts Travel By Poet Called 'Lioness Of Iran'". NPR.
- ↑ "Laureates: 2013 Simin Behbahani". Janus Pannonius Grand Prize for Poetry. 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ Behbahani era o apelido do seu primeiro marido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chopra, R. M. (2010): Eminent Poetesses of Persian. Kolkata: Iran Society.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simin Behbahani ![]() |
- Biografía de Simin Behbahani, na web Iran Chamber (en inglés).
- "A Poet Who 'Never Sold Her Pen or Soul'". The Washington Post. 9 de xuño de 2006.