Sinal da cruz
O sinal da cruz (do latín: signum crucis) é un xesto ritual empregado por diversos grupos ou pólas do cristianismo (igrexas ortodoxas orientais, catolicismo, anglicanismo, luteranismo e en certos rituais no metodismo, presbiterianismo e nas igrexas reformadas). Esta bendición realízase mediante o trazado dunha cruz vertical sobre o corpo coa man dereita, a miúdo acompañada pola recitación oral ou mental dunha fórmula trinitaria. Tamén se usa en diversas expresións de sincretismo relixioso, influenciadas polo cristianismo. Neste eido, ás veces atribúeselle connotacións máxicas. As denominacións cristiás formais asígnanlle ó xesto diversos propósitos:
- Inicio e peche das súas oracións e actos relixiosos.
- Fórmula de invocación da divindade.
- Saúdo ante lugares, obxectos e imaxes (no caso das denominacións cristiás que as usan) que son consideradas venerables ou santas.
- Sinal de bendición sobre persoas ou cousas.
- Para conxurar da hipotética presenza do mal nunha situación, idea ou lugar, así como na realización de exorcismos, co suposto fin de expulsar demos que, segundo a crenza, introduciríanse nalgunhas persoas (no caso das igrexas que realizan dita práctica).[1]
Dende o punto de vista da kinésica pódese considerar un "xesto emblemático", polo seu contido simbólico convencional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Católica, artículo sobre el exorcismo.