Sinfonieta de Vigo
Sinfonieta de Vigo | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galiza ![]() |
Período | 13 de xuño do 2002 |
Xénero(s) | música académica |
A Sinfonieta de Vigo é unha orquestra de pequeno tamaño da cidade de Vigo fundada no ano 2002.
Historia
[editar | editar a fonte]A Sinfonieta de Vigo naceu no 2002 arroupada polo departamento de Obra Social de Caixanova e formada por uns trinta músicos entre profesores do conservatorio e alumnos de grao susperior baixo a batuta de Joám Trilho e Francisco Pérez. O 13 de xuño do 2002 tivo lugar a presentación da orquestra no Teatro García Barbón (Centro Cultural Caixanova) cun concerto no que a nova orquestra interpretou obras de Ottorino Respinghi, W.A. Mozart, Andrés Gaos e Emilio Lede.
O obxectivo inicial desta orquestra era o de evitar que os novos talentos formados na cidade olívica emigrasen a outras cidades para poder adicarse á música, xa que na cidade só existía unha orquestra, a Orquestra Clásica de Vigo, que non podía acoller a tódolos músicos que se formaban na comarca.[1]
O 19 de maio do 2005, promovido polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), a Sinfonieta de Vigo realizou a estrea mundial dunha sinfonía inédita de Andrés Gaos, a Sinfonía Nº 1 en La menor, cun dobre concerto en Vigo e Ourense baixo a dirección de Joám Trilho.[2] Para levar a cabo este concerto, o propio fillo do compositor coruñés, Andrés Gaos Guillochon, facilitoulle á orquestra olívica os manuscritos desta peza pertencente á primeira etapa do comositor.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo estrea unha Sinfonieta para apoiar a canteira musical" 20/2/2002.
- ↑ "A Sinfonieta de Vigo presenta unha sinfonía inédita de Andrés Gaos" 16/5/2005.
- ↑ "La Sinfonieta de Vigo presenta una obra inédita de Gaos" Faro de Vigo, 19/5/2005 (en castelán).