Sintagma preposicional
Aparencia
O sintagma preposicional (SP) está constituído por unha preposición que funciona como eixo sintáctico e de translación e un sintagma nominal que resulta transferido
Realizando análise sintáctica a preposición é denominada ligazón e o sintagma nominal termo.
O sintagma preposicional desenvolve as funcións sintácticas seguintes:
- Modificador do núcleo doutro sintagma: Santiago de Compostela.
- Suplemento: Falou diso.
- Suxeito: Entre Xoel e Iría acabaron os quefaceres.
- Complemento circunstancial: El vén con tódalas túas inimizades
- Atributo: É da Coruña
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |