Sirin
Aparencia
Sirin | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sirin |
Director | Senad Šahmanović |
Guión | Claudia Bottino Senad Šahmanović |
Intérpretes | Danica Curcic May-Linda Kosumovic Jelena Simic |
Música | Ivan Marovic |
Fotografía | Aleksandar Jakonic |
Montaxe | Tomislav Pavlic |
Estrea | 2023 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() |
Sirin é un filme montenegrino de 2023 dirixido por Senad Šahmanović. Foi escollido como candidato de Montenegro para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A trama segue a Nathalie, que abandonou a antiga Iugoslavia inmediatamente despois do comezo das guerras dos noventa. Como moitas outras persoas desta zona, emigrou ao estranxeiro na procura dunha vida mellor e dun futuro máis seguro. Despois de varios anos no estranxeiro, querendo adaptarse plenamente á vida nun novo ambiente, desexaba cambiar a súa identidade e borrar as súas orixes. Porén, unha herdanza dunha anciá rica que non tiña familia lévaa de regreso ao seu país de orixe, Montenegro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Danica Curcic como Nathalie
- May-Linda Kosumovic como Valerie
- Jelena Simic como Jasmina
- Marko Bacovic como Andrija Djurdjevic
- Jasna Djuricic como muller de Andrija
- Izudin Bajrovic como o alcalde
- Lidija Kordic como recepcionista do hotel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Film "Sirin" crnogorski kandidat za nagradu Oskar u 2023. godini". Vlada Crne Gore Slovenia (en serbio). 2023-09-12. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-13.