Saltar ao contido

Sirventés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sirventés é un tipo de composición poética da literatura provenzal próxima á canción. Ao contrario desta, que ten como tema o amor cortés, o sirventés expresa opinións sobre a vida social e ten carácter moral e satírico.

O sirventés provenzal

[editar | editar a fonte]

Temática

[editar | editar a fonte]

O sirventés provenzal, atendendo á súa temática, presenta tres tipos diferentes

Sirventés moral

O sirventés moral ou relixioso amoesta, reprende os malos costumes e aconsella como obrar. Ridiculizaban a decadencia da cabalaría, a rudeza dos fidalgos, a presunción das mulleres, os costumes dos cregos...

Sirventés político
No Sirventés político o trobador faise voceiro dun país, señor dunha facción política reconquista española, guerra albixense, os asuntos de Italia, a intervención francesa e aragonesa, as cruzadas a oriente...
Sátira persoal
A Sátira persoal é de base social. A súa finalidade é denigrar un individuo e, por medio del, o grupo ou estamento a que este pertence.

O sirventés influenciou as cantigas de escarnho e maldizer da literatura galego-portuguesa medieval e a poesía española do século XV, como nos "decires" do marqués de Santillana.

Cantigas de escarnio e maldicir

[editar | editar a fonte]

O sirventés é tamén un subxénero das cantigas de escarnio e maldicir da lírica galego-portuguesa. Case tódalas cantigas de escarnio e maldicir son composicións humorísticas referidas a circunstancias, acontecementos ou individuos concretos. Presentan, con absoluta liberdade de linguaxe, pequenos anacos da vida máis ou menos cotiá da Idade Media, de aí o seu valor histórico e sociolóxico. Pero son escasas as composicións que expresan reflexións morais de carácter xeral, e aplícase a elas especialmente o termo provenzal de sirventés cando achamos unha no noso lirismo. Un bo exemplo de sirventés moral é a cantiga de Airas Nunes coñecida co nome de A percura da verdade ou o de Martín Moxa, onde o trobador coida que as guerras, a inxustiza e as guerras daquel século eran sinais seguros da próxima chegada do Anticristo.