Sistema (corpus teórico)
A palabra sistema foi utilizada polos estoicos co significado de orde. A notación de orde aplicouse tanto aos obxectos como aos conceptos. No mundo grego tiña moita importancia a orde cósmica e pensábase que todo estaba sometido a unha lei que rexía o acontecer. Sócrates descobre o valor do concepto, que será a base da lóxica que desenvolverá Aristóteles e os estoicos. A noción de sistema está agora na orde dos conceptos. A idea de sistema enriqueceuse especialmente nos séculos XVIII e XIX co pensamento de Kant e Hegel. O primeiro subliña que o coñecemento que ignora o sistema non pasa de ser un simple agregado. O segundo pretende unificar a totalidade dos coñecementos no seo dun todo orgánico.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Procede de grego "systema": reunión, conxunto, corporación. Nun sentido xeral un sistema é un conxunto organizado, do cal os seus elementos están unidos ou vinculados entre si (por exemplo o sistema solar).
En filosofía esta palabra ten outro significado diferente: Conxunto de elementos relacionados que forman un todo orgánico (por exemplo o sistema de Copérnico, ou o Sistema de Hegel)
Definicións particulares de filosofía
[editar | editar a fonte]Kant
[editar | editar a fonte]Segundo o filósofo prusiano Immanuel Kant:
"Por sistema entendo a unidade dos diversos coñecementos baixo unha idea. Esta é o concepto racional da forma dun todo, en canto que mediante tal concepto denomínase a priori tanto a amplitude do diverso como o lugar respectivo das partes no todo".
Hegel
[editar | editar a fonte]O filósofo Hegel:
"A ciencia deste (O absurdo) é esencialmente sistema, porque o verdadeiro só é desenvovéndose dentro de si como concreto e tomándose e reténdose (todo) xunto en unidade, é dicir solo é como totalidade."
Kierkegaard
[editar | editar a fonte]O filósofo e teólogo dinamarqués Søren Kierkegaard:
"A existencia separa as cousas e mantenas distintas; o sistema coordinas nun todo cerrado."
Zubiri
[editar | editar a fonte]O filósofo español Xavier Zubiri:
"(A) comunidade radical e determinada de cada cousa con todo, é ao que se lle chama sistema. Saber algo é sabelo sistematicamente na súa comunidade con todo. Ciencia é entón sistema. Este sistema expresa a maneira como o que realmente é, chegou a ser "isto".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diderot y d'Alembert. chez pellet, ed. Encyclopédie. Ginebra. p. 297.
- Kant, Immanuel (1989). Alfaguara, ed. Crítica de la razón pura. Madrid. p. 647.
- Kant, Immanuel (1935). Sociedad General Española de Librería, ed. Lógica Introducción IX. Madrid. p. 68.
- Alianza, ed. (1997). Enciclopedia de las ciencias filosóficas, Introducción. Madrid. p. 117.
- Editions de l'Orante (ed.). Postscriptum definitif et non scientifique aux Miettes philosophiques. p. 112.
- Naturaleza, historia, Dios, Parte. 1987. p. 73.