Sistema Universitario de Galicia
Sistema Universitario de Galicia | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Galicia |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
Páxina web | ciug.gal |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Sistema Universtario de Galicia, coñecido co acrónimo de SUG, é o máximo organismo público encargado de desenvolver o ensino superior en Galicia, mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigación e a creación de coñecemento. Dito organismo engloba e coordina as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. O SUG foi creado en 1989 após a aprobación da Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia e depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Historia
[editar | editar a fonte]A necesidade de crear un organismo que regulase a ordenación territorial, funcional e financeira do ensino superior en Galicia levou á aprobarse en 1989 o Sistema Universitario Galego. Isto desembocou na descentralización do sistema universitario galego, xa que até ese punto a Universidade de Santiago de Compostela era a única universidade galega desde a súa fundación en 1495. Así as cousas, a aprobación do SUG supuxo a creación en 1990 das outras dúas universidades galegas, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña, que até entón soamente eran campus ou colexios universitarios.
A partir da separación da USC comezouse a ordeación dos campus que formarían as tres universidades; á Universidade de Vigo adscribíronse os campus de Ourense (antes Colexio Universitario de Ourense) e Pontevedra, e á Universidade da Coruña adscribiuse o campus de Ferrol. O campus de Lugo ficou adscrito á USC.
Titulacións
[editar | editar a fonte]O SUG é o organismo encargado de decidir as titulacións que se imparten nas universidades galegas, así coma os criterios de implantación destas. Na actualidade existen tres tipos de titulacións, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior: ensinanzas de grao, máster (posgraduado de segundo ciclo) e doutoramento (posgraduado de terceiro ciclo).[1]
Titulacións de grao
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Titulación | USC | UdC | UVi |
---|---|---|---|
Administración e Dirección de Empresas | |||
Arquitectura | |||
Arquitectura naval | |||
Belas artes | |||
Bioloxía | |||
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos | |||
Ciencia Política e da Administración | |||
Ciencias ambientais | |||
Ciencias da Actividade Física e do Deporte | |||
Ciencias da Cultura e Difusión Cultural | |||
Ciencias do Mar | |||
Ciencias empresariais | |||
Comercialización e Loxística* | |||
Comercio | |||
Comunicación audiovisual | |||
Consultoría e Xestión da Información | |||
Dereito | |||
Dirección e Xestión Pública | |||
Economía | |||
Educación Infantil | |||
Educación Primaria | |||
Educación Social | |||
Enfermaría | |||
Enxeñaría agraria | |||
Enxeñaría Agrícola e de Medio Rural | |||
Enxeñaría Civil** | |||
Enxeñaría de Edificación | |||
Enxeñaría de Enerxía | |||
Enxeñaría de Industrias Agroalimentarias | |||
Enxeñaría de Obras Púbicas | |||
Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación | |||
Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos | |||
Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais | |||
Enxeñaría Eléctrica | |||
Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SUG (ed.). "Guía do Sistema Universitario de Galicia" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia. Diario Oficial de Galicia.
- Comisión Interuniversitaria de Galicia.
- Guía do Sistema Universitario de Galicia.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |