Sistema de monitorización do condutor
O Sistema de monitorización do condutor é un algoritmo de visión por computador, forma parte da familia de algoritmos da tecnoloxía ADAS. Nos vehículos modernos equipados con sensores pasivos como a cámara e activos como as cámaras TOF é posíbel detectar e identificar o condutor do vehículo e o seu nivel de atención durante a condución. O propósito da monitorización consiste en alertar o condutor ante calquera signo de fatiga ou distracción, en especial o cálculo do tempo no que os ollos permanecen pechados, a dirección da mirada e a posición da cabeza. De xeito secundario os Tier 1 propoñen o control de certas funcións dixitais do coche co movemento dos ollos.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Unha das solucións do algoritmo constitúe o adestramento de redes de aprendizaxe automática como as ANNs, que procesan a información fusionada obtida de diversos indicadores físicos e de aptitude durante a condución.
Estes indicadores obtéñense da observación do condutor por parte de sistemas de visión monoculares. Situados á fronte do condutor, usualmente no cadro de instrumentos e baixo iluminación artificial condicionada, se a opción do sensor non consiste en tecnoloxía infravermella, o obxectivo é obter este rexistro de indicadores de xeito independente á iluminación externa na cabina. Cando a luz é baixa unha cámara pasiva pode activar a iluminación artificial.
A información do sensor combínase coa lida a través do BUS CAN : xiro do volante, hodometría e posición de roda en liña lateral. Estes sinais normalízanse, optimízanse e sincronízanse cos fotogramas da cámara.
A fusión final durante o adestramento das ANNs obtén a vantaxe de que este tipo de redes neuronais non precisan de parametrización previa para xerar un clasificador apto. Os resultados das ANNs producen entre un 55% e un 90% de xuízos correctos sobre a pronta avaliación da fatiga no condutor.[2]
Entre as características definitorias do sistema atópanse :
- Identificación e recoñecemento do condutor para poder restaurar os axustes e preferencias asociados a cada perfil automaticamente.
- Monitorizar a fatiga e alertar ante unha posíbel perda de control do vehículo.
- Monitorizar a dirección da mirada e alertar cando se tome un excesivo tempo sen atender á vía e isto impida detectar un perigo inmediato.
- Seleccionar ou aumentar certas áreas do panel de control dixital coa mirada.
Vehículos que inclúen na súa equipación de serie ou de demostración o algoritmo
[editar | editar a fonte]- Lexus GX 460
- Lexus HS 250h
- Lexus LS 600h
- Lexus LS 460
- Lexus GS 450h
- F 015 Luxury in Motion
- Toyota Crown Hybrid
- 2019 Audi A8[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sistema de Monitorización do condutor Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ "NEW CAR NET, the UK new car guide :: Lexus news - LS460 achieves a world-first in preventative safety :: Links, Newsletter, She Drives, Galleries, Motor Show, Road Tests, User Reviews, Daily News, Car Videos, Features, NEWS / REVIEWS, First Impressions, Motormouth, Blog". web.archive.org. 2007-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 2019-01-20.
- ↑ Krok, Andrew. "Audi's Frankfurt concepts preview each level of autonomy". Roadshow (en inglés). Consultado o 2019-01-20.