Saltar ao contido

Sistema inercial

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un sistema inercial é un sistema de referencia que presenta inercia, isto é: non presenta aceleracións, e daquela, non está a sufrir forzas.[1] Tales sistemas ou están parados (velocidade=0) ou en movemento rectilíneo uniforme. É importante subliñar, que desde esta perspectiva, non pode haber curvas no movemento, pois se as houber, habería unha aceleración e iso contraría a condición imposta para termos un sistema inercial.[2] Este marco clásico ven caracterizado polas transformacións de Galileo.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Na teoría da relatividade especial, mantense a definición de sistema inercial, mais coa diferenza de que o tempo non transcorre xa do mesmo xeito nos dous sistemas, non hai xa invarianza na progresión do tempo. Esta é substituída pola invarianza na velocidade da luz, dando lugar á relatividade da simultaneidade. Agora as mudanzas de coordenadas cumpren as transfomacións de Lorentz, nas que todo isto queda reflictido.[4] E finalmente, na teoría xeral da relatividade (a día de hoxe a máis rigorosa e aceptada), a diferenza entre sistema inercial e non inercial, e o conseguinte principio de inercia, definidos sobre a base dunha métrica euclídea perden sentido por completo; así vense desprazados por un principio de movemento xeodésico, definido agora con base a unha métrica de Minkowski, polo que os obxectos (e sistemas de referencia) se moven do xeito ditado pola curvatura do espazo-tempo.[5] Deste xeito xa non existen sistemas inerciais, nin ten senso a súa definición.

  1. David Halliday, Jearl Walker. Fundamentals Of Physics Extended, 10th Edition (en inglés). 
  2. "Física para ciencias e ingeniería - Edicion 7 - Serway, Jewett - Vol 1.pdf". Google Docs. Consultado o 2025-02-01. 
  3. Galilei, Galileo - Dialogue Concerning the two Chief World Systems. 
  4. A. Einstein. On the Electrodynamics of Moving Bodies. John Walker. 
  5. Misner, Charles W.; Thorne, Kip S.; Wheeler, John Archibald (2017-10-03). Gravitation (en inglés). Princeton University Press. ISBN 978-1-4008-8909-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]