Sitta pusilla
Sitta pusilla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un Sitta pusilla en Carolina do Norte, EUA. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Sitta pusilla' Latham, 1790 | |||||||||||||||
Distribución de S. pusilla
|
Sitta pusilla é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa dos Estados Unidos.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Pode encontrarse nos bosques de piñeiros de todo o sueste dos Estados Unidos. Unha poboación en perigo de extinción vive na illa Gran Bahama, que algunhas autoridades consideran unha especie separada e danlle o nome de S. insularis.[2] A ave, igual que outras agatuñadeiras, posúe un peteiro negro afiado en forma de cravo, que utiliza para golpear as sementes. É un visitante frecuente de estacións de alimentación para aves e é moi afeccionada ás sementes de xirasol e pasteis de sebo.
Descrición
[editar | editar a fonte]É aproximadamente do mesmo tamaño que Sitta pygmaea, e estas dúas especies son as agatuñadeiras máis pequenas do mundo. Mide de 9 a 11 cm de lonxitude, de 16 a 18 cm de envergadura e ten de 10 a 12 g de masa corporal.[3] A parte superior da cabeza é marrón cunha liña ocular negra, a cara, papo e ventre son de cor branca. As ás son de cor gris azulada. Ten un pequeno punto branco no pescozo. A chamada da ave soa de forma parecida ao son dun pato de goma de xoguete e é bastante forte para unha ave do seu tamaño.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[4]
- Sitta pusilla insularis Bond, 1931, Gran Bahama.
- Sitta pusilla pusilla Latham, 1790, sueste dos Estados Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Sitta pusilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ Hayes, William K.; Robert X. Barry; Zeko McKenzie; Patricia Barry (2004). "Grand Bahama’s Brown-headed Nuthatch: A Distinct and Endangered Species" (PDF). Bahamas Journal of Science 12 (1): 21–28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2012. Consultado o 06 de decembro de 2017.
- ↑ "Brown-headed Nuthatch". The Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ "Sitta pusilla Latham, 1790". ITIS. Consultado o 2 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sitta pusilla |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sitta pusilla |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BirdLife International Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Brown-Headed Nuthatch - Sitta pusilla - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Brown-headed Nuthatch Species Account – Cornell Lab of Ornithology
- Vídeos, fotos, e sons de Brown-headed Nuthatch na Internet Bird Collection
- Brown-headed Nuthatch Bird Sound no Museo de Florida de Historia Natural
- Galería de fotos de Brown-headed Nuthatch en VIREO (Universidade de Drexel)