Saltar ao contido

Sitta von Reden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSitta von Reden

Sitta von Reden en 2014
Biografía
Nacemento1962
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemá.
Educación- Universidade Albert-Ludwig (Friburgo).
- Universidade Libre de Berlín.
- Universidade de Cambridge.
Q89547790Estudos sobre economía e circulación monetaria na Antigüidade.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía e numismática
Lugar de traballo Augsburgo
Friburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria, exiptóloga, historiadora da antigüidade clásica, numismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor en Wikidata

Sitta von Reden, nada en 1962 en Hannover, na Baixa Saxonia, é unha historiadora alemá especialista na Antigüidade, profesora de Historia Antiga na Universidade Albert-Ludwig de Friburgo. As súas investigacións céntranse na economía e a circulación monetaria na Antigüidade, e na historia social e cultural do mundo greco-romano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Von Reden estudou Economía e Historia na Universidade Albert-Ludwig, na que se graduou en 1987, e a continuación cursou estudos de Filoloxía Clásica e de Historia na Universidade Libre de Berlín e na Univarsidade de Cambridge. Nesta última acadou o seu doutoramento en Historia Antiga en 1993, cunha tese que foi premiada pola Fundación Helénica de Oxford.[1]

Logo de varios anos de ensino e investigación en diferentes institucións universitarias británicas, von Reden acadou en 2005 a habilitación na Universidade de Augsburgo, co traballo Monetization in 3rd -century BC Egypt, e a partir de aí impartiu clases de Historia Antiga nese mesmo centro, na Universidade de Münster e na Universidade de Múnic. Entre 2013 e 2014 colaborou tamén co Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[1][2]

Sitta von Reden foi profesora de Historia Antiga da Universidade Albert-Ludwig de Friburgo desde o 1 de abril de 2010, cun foco especial na historia da Antiga Grecia, e actualmente ocupa a cátedra desa materia.[1][3]

A súa publicación Money in Classical Antiquity, de 2010, foi considerada como "unha introdución admirable a algúns dos temas principais nos debates actuais sobre o uso do diñeiro no mundo clásico".[4]

En marzo de 2017, Reden foi merecedora dun fondo avanzado do Consello Europeo de Investigación (ERC) para o desenvolvemento do seu proxecto Beyond the Silk Road, dotado con dous millóns e medio de euros.[1][2][3]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "CV: Sitta von Reden". Seminar für Alte Geschichte. Universidade Albert-Ludwig.
  2. 2,0 2,1 "ERC Advanced Grant for Sitta von Reden". Albert-Ludwigs-Universität Freiburg.
  3. 3,0 3,1 "Sitta von Reden". Seminar für Alte Geschichte. Universidade Albert-Ludwig.
  4. Bangm O. B. (2014). "S. von Reden, Money in Classical Antiquity [...]". En The Journal of Roman Studies. Vol. 104. Páxina 292.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]