Saltar ao contido

Skylab 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skylab 3
Saturno IB da misión Skylab 3
TipoTripulada
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento28 de xullo de 1973, 11:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSaturno IB[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónViaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6]
Regreso25 de setembro de 1973[1]
NSSDC ID1973-050A
Masa20.121,0 kg[2][5][6]

Skylab 3 foi a segunda misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 28 de xullo de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Skylab 3 continou as tarefas de reparación comezadas coa misión Skylab 2. A nave Apolo nada que viaxaba a tripulación sufriu dun escape de oxidante no circuíto dos propulsores de control de reacción, pero non causou máis problemas tras illarse o circuíto e usar o de apoio, aínda que un problema similar ocorreu noutro circuíto antes do final da misión. Durante a misión instalouse un escudo solar e realizáronse experimentos científicos e médicos. Sustituironse tamén as películas da cámara do telescopio Apolo. Os astronautas da misión, Alan Bean, Owen K. Garriott (que volvería ó espazo na lanzadeira Columbia)[7] e Jack Lousma, sufriron de mareo espacial durante os tres primeiros días de misión.[2][3][4][5]

A misión Skylab 3 rematou o 25 de setembro de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas no interior amarou no océano Pacífico a uns 300 km ao oeste de San Diego (California). Aos astronautas recolleunos o buque USS New Orleans e devolveunos sans e salvos a terra.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKYLAB 3" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Skylab CSM 2" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 15 October 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-21710). 22 de outubro de 1973: 2. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Skylab 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Apollo 201, 202, 4 - 17 / Skylab 2, 3, 4 / ASTP (CSM)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "Skylab 3" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  7. Roberts, Sam (2019-04-16). "Owen Garriott, an Early Scientist-Astronaut, Is Dead at 88". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-04-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]